Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

The Damned United
Acabo de ver na segunda cadea de televisión pública do Estado (sen anuncios, que marabilla!!!) unha interesante película.

Titúlase "The damned united", e fala sobre unha determinada etapa da vida profesional de Brian Clough, que está considerado un dos mellores adestradores ingleses de fútbol da historia (ben mirado, se cadra tampouco é demasiado mérito).

En canto a créditos cinematográficos, non hai moito que dicir. É unha película inglesa, polo tanto o acabado é moi digno, pero os actores non son moi coñecidos. O papel de Brian Clough faino un actor novo inglés que está ganando celebridade, chamado Michael Sheen, que por exemplo fixo o papel de Tony Blair en "The Queen". Outro dos papeis principais corre a cargo de Colm Meaney, unha cara bastante coñecida do cine das Illas Británicas.

Basicamente este tipo, sobre todo cando facía tandem co seu axudante Peter Taylor, foi capaz de subir a varios equipos modestos da illa e facerlles gañar títulos cos que nin sequera soñaban. Sobre todo co Derby County, ao que fixeron campeón de liga, e uns anos máis tarde ao Nottingham Forest, ao que fixeron dúas veces seguidas campeón de Europa.

De feito, a película céntrase nun momento moi concreto da súa vida profesional, na que non tiña ao seu lado ao seu fiel amigo e axudante Taylor, e no que foi fichado polo Leeds, daquela o mellor equipo inglés, e que fora adestrado por Doc Revie, que acababa de ser nomeado seleccionador nacional. A rivalidade persoal e profesional entre os dous era tremenda, e debido a moitas presións e á arrogante personalidade de Clough, só durou 44 días no seu cargo.

Unha cousa que se deduce da película, e parece que non era falsa, é que era tremendamente ambicioso, chulo e arrogante, e bastante polémico nas súas declaracións á prensa.

Así que aquí temos a outro "personajillo" destes do mundo do fútbol, co ego subido, que se cren imprescindibles e por enriba dos demais. Tivo algúns éxitos profesionais, algúns fracasos tamén, pero os éxitos case sempre estaban asociados á súa sintonía con Peter Taylor.

Déixovos o trailer da película.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2011 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Anónimas, de Mon Lendoiro
O outro día inauguramos no local da A.C. Alexandre Bóveda unha exposición de cadros de Mon Lendoiro titulada "Anónimas".

Mon Lendoiro é un pintor nado en Carballo que decidiu pintar ás súas amigas non como son realmente, senón como el as ve, segundo nos comentou na inauguración da mesma.

Estará visible todo este mes de setembro no noso local, por se queredes pasar a vela.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 03-09-2011 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0