Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A conspiración das lectoras
Estiven lendo onte (sigo coas accións lectoras "lóstrego") un "ensaio" divulgativo sobre un colectivo chamado o Lyceum Club de Madrid, que existiu entre os anos 20 e 30 do pasado século. O libro titúlase "La conspiración de las lectoras" e foi escrito por José Antonio Marina e María Teresa Rodríguez de Castro.

Foi unha iniciativa moi interesante a deste Lyceum Club, que xa existía noutras capitais do mundo (en España creo que comentan que tamén chegou a facerse en Barcelona e Donostia), que naceu no ano 1926 e "morreu" no 1936. Supostamente despois seguíu pero xa nas mans da Sección Femenina, que de feminina tiña bastante pouco.

En torno a este club movéronse mulleres moi interesantes como: María de Maeztu (irmán de Ramiro e muller moi activa e dinámica, que dirixía esta institución), Victoria Kent, Clara Campoamor, Zenobia Camprubí, María Lejárraga (a compañeira de Gregorio Martínez Sierra e, probablemente, a autora de case todas as obras atribuídas a el), Constancia de la Mora, Elena Fortún, Isabel Oyarzábal, Ernestina de Champourcin, Concha Méndez (a compañeira de Manuel Altolaguirre), María Teresa León (a compañeira de Rafael Alberti), Maruja Mallo...

Era un club que organizaba todo tipo de actividades culturais e sociais para acadar unha maior e mellor formación das mulleres, para camiñar no obxectivo da plena igualdade entre sexos a partir da igualdade nos coñecementos e na sabiduría. Obviamente, no ambiente da Segunda República foi cando máis apoio social tivo, e algunhas das súas integrantes estiveron no Parlamento e incluso foron cargos do Goberno, como Victoria Kent.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-08-2011 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
De Caión a Baldaio

Onte aproveitamos para saír un pouco da casa e ir dar unha volta pequena polo comezo da Costa da Morte. Aínda que non hai definicións claras, non pouca xente di que a Costa da Morte comeza en Caión, península de terra que é a saída ao mar do Concello de Laracha.

Pois fomos andando dende alí ata a praia de Baldaio, que está a pouco máis de cinco quilómetros de distancia. O camiño pola costa é unha auténtica autovía, unha pista de terra cunha anchura de varios metros, por onde hai peóns, surfeiros, pescadores, ciclistas, e onde poden cruzarse dous coches sen problemas. Despois voltamos polo interior, que é menos lucido pero en varios puntos ofrece unhas perspectivas espectaculares.

En total, entre unhas cousas e outras, algo menos de 4 horas, pero sen agobiarse a andar rápido e desfrutando da paisaxe que, como en toda a costa galega, nunca decepciona.

Déixovos cunha foto da perspectiva da costa entre Caión e Baldaio. Fixádevos que saquei a foto cando estabamos perdendo de vista Caión e que a magnífica praia de Baldaio está detrás da última punta que se ve ao fondo. Así que comprenderedes que é un paseo perfectamente asequible para todo o mundo.

Saúdos. Viaxes O Lóstregho.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2011 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras
Nunha acción lóstrego, lin "Asasinato no Consello Nacional" de Diego Ameixeiras.

Foi lóstrego porque me levou moi pouco tempo, non sei, unhas 6 ou 7 horas nada máis. Resulta unha lectura tan fluída, a trama sobre as liortas internas do Bloque resulta tan atraente (para algúns, claro) e a mestura de realidade e ficción parece estar moi ben conseguida.

En definitiva, que o pasei bárbaro lendo o libro. Non será a mellor obra do mundo, pero permite pasar un tempo de lecer fantástico. Creo que é a mellor recomendación que se pode facer.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2011 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0