Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Deus e o diabo na terra do sol
Onte fomos á Normal (o novo espazo cultural da Universidade da Coruña, en Riazor) a ver unha película do ciclo "Viaxes, Vidas".

Titulábase "Deus e o diabo na terra do sol", é brasileña do 1964, dirixida por Glauber Rocha, e levou a Palma de Ouro en Cannes.

Poderíamos comezar dicindo que nese lugar, a Normal, menos cousas normais pasa de todo. As exposicións, os concertos, os espazos, todo é moi alternativo, e iso non é malo. Pero claro, córrense riscos, como o de ver esta película.

As persoas que teñan "Independence Day" ou algo similar como unha das súas películas preferidas, é mellor que pasen desta película, pode darlles unha embolia.

É algo complicado explicar de que vai. Estamos no "sertao", o deserto brasileiro do nordeste. Aparece un mesías negro que di chamarse San Sebastián, e moitos campesiños da zona o seguen. Peregrinan a un monte mítico da zona chamada o Monte Santo. Alí esperan algo, seguramente unha visión mesiánica. Mentres sucede iso, un mercenario chamado Antonio das Mortes é contratado polos terratenientes e a igrexa da zona, para evitar que protagonicen unha revolución eses pelegríns, e neses trances o Santo é asasinado (non vou contar as circunstancias concretas). Pouco despois, unha especie de guerrilleiro chamado Corisco enfróntase ao mercenario, non queda moi claro se como venganza polo outro feito. Se toda a película resulta bastante abstracta, a parte final xa é case surrealista.

Atopei en Youtube a película enteira, por se queredes vela, pero xa aviso que hai que botarlle peito.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2012 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Bram Stoker

Cúmprense 100 anos da morte de Bram Stoker, o autor de "Drácula" e na Fundación Luís Seoane prepararon unha exposición sobre o tema.

A verdade é que o tema prometía, xa que nese magnífico espazo, de cando en vez, hai unhas exposicións macanudas. Pero esta vez decepcionoume, non está mal pero penso que o tema daba moito máis de si.

En calquera caso, inaugurouse hai pouco e penso que aínda vai estar ata outubro, así que podedes intentalo.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2012 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0