Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O zanfonista Germán Díaz
No artigo anterior falaba do zanfonista Germán Díaz. Atopei en Youtube uns cantos videos de pezas súas.

E esta que vos poño no video é moi parecida á que tocou na Cidade Vella. Alucinante. E ademais a actuación que vedes é na impresionante vila de Aínsa, no pirineo oscense. Recoméndase a visita.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2008 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Cortexo Cívico da Cidade Vella
No día das Letras Galegas, como xa sucede dende hai 4 ou 5 anos, a Asociación de Veciños da Cidade Vella organizou o seu fantástico Cortexo Cívico, que consiste nunha "procesión" cunha serie de paradas en diferentes lugares nas que hai lecturas, actuacións musicais, etc.

Este ano houbo intervencións de Fernando Llorca Gran Ensemble, Domingos Merino, Germán Díaz, Xosé Luís Martínez, Loretta Martin, Cándido Pazó, The Royal Green Jackets, o Mago Antón, Manuel Cao, Justo Beramendi, Uqui Permui, Xosé Luís Méndez Ferrín e o cuarteto Saxones.

Todo estivo moi ben, pero destacaría a impresionante actuación do zanfonista Germán Díaz.

A foto que poño é dunha actuación de anos anteriores, Doa con Rosa Cedrón.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2008 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Lingua organizada polo Concello da Coruña
Con este artigo xa podedes facervos unha idea do atraso que levo pendurando cousas neste "diario".

A mediados de maio, o Concello da Coruña organizou unha cousa chamada a "Festa da Lingua". Os que pasedes por aquí de cando en vez xa sabedes que eu/nós participamos nun evento que ten o mesmo nome e que se celebra noutro lugar de Galicia (ata agora foi en Santiago e en Vilagarcía) congregando a milleiros de nenos galegos. Pero non imos patentar o nome, que o país non está para esas trangalladas.

O caso é que se fixo unha gala con dúas actuacións: os humoristas de "Os dous de sempre", que estiveron bastante simpáticos; e o grupo de Xabier Díaz, que non me acaba de convencer por completo.

Como non dei atopado ningunha foto dos humoristas (aínda que estiven a piques) poño unha de Xabier Díaz que xa utilicei cando se estreou como cantante de Berrogüetto.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2008 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
García, de Dios ke te crew
Dende hai algún tempo, nos colexios relixiosos de Galicia estamos intentando que os rapaces se vaian animando a facer rap en galego.

O grupo máis coñecido do país é Dios ke te crew, e un dos seus MCs máis célebres é García. Puxémonos en contacto con el para que viñera a dar un "cursiño" sobre hip-hop e rap en galego, e xa foi a varios dos nosos centros.

Foi un venres pola tarde, de 5 a 7, e resultou paradoxal ver a algúns dos alumnos máis conflitivos e revoltosos traballando en grupos, sentados nunha mesa, a unhas horas nas que non están afeitos a facelo, intentando crear unhas letras que García lles axudaba a pulir co seu saber.

Por certo, García é o da esquerda na foto que vedes.

Saúdos. Os Devotos de Santa Clara.
Comentarios (0) - Categoría: Os Devotos de Santa Clara - Publicado o 06-07-2008 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0