Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Antes que o demo saiba que estás morto
Hai pouco fun ver a película con título traducido ao galego "Antes que o demo saiba que estás morto".

Sidney Lumet de director, iso xa é garantía de éxito. Actores bastante bos, aínda que tampouco me entusiasmaron. Un deles, aínda que aparece pouco, é Albert Finney, outra garantía.

Trama bastante retorcida, dun par de fillos algo bala-perdidas que deciden dar un golpe para solucionar os seus problemas financieiros e intentar atracar a xoiería dos seus propios pais, porque saben que non ten complicacións. Pero ao final SI hai complicacións.

En definitiva, película bastante interesante.

Saúdos.
Ficha da película na Internet Movie Database
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2008 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Apelidos galegos
Na tertulia mensual de xuño que se celebra no Museo Emilia Pardo Bazán da Coruña participou Xosé María Monterroso Devesa, especialista en onomástica, xenealoxía e apelidos galegos.

Foi unha charla moi interesante onde todos estabamos moi atentos porque, en maior ou menor medida, eramos protagonistas do que alí se contaba.

Agasallounos cun caderniño dun relatorio sobre o tema que presentou a un congreso na pasada década.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2008 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Humor neghro: Carlos Blanco e Manecas Costa
Actuaron en Coruña hai pouco, e a xira xa vai sendo longa, o humorista galego Carlos Blanco e o músico Manecas Costa, de Guinea Bissau.

Estivo bastante ben, pero espero que este comentario non resulte racista, aínda que me dá igual.

O realmente interesante do espectáculo é o humor de Carlos Blanco (para min e toda a xente á que lle preguntei, que casualidade!!!). Sen Manecas sería un éxito igual, cousa que ao contrario non se pode dicir. Algunhas cousas hai que dicilas.

Dalle un toque diferente a música crioula de Manecas, pero o valor engadido vén polo outro lado, que lle imos facer!!!

Algúns chistes moi afortunados como aquela poesía recitada por Carlos Blanco con temática africana-vilagarciana-futbolística:

Campo da Lomba
vai pola banda
....

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2008 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Representación teatral de "O Divino Sainete"
A comezos de xuño fun ver unha representación teatral de "O Divino Sainete" de Curros Enríquez, obra esencial da literatura galega. Sospeito que a primeira representación teatral.

Estaba feita por un grupo amador de Lugo, chamado Achádego Teatro, e a adaptación era de Marica Campo.

O resultado é digno, simplemente. O peor foi que, dos dous actores principais, os que facían os papeis de Francisco Añón e de Curros, este último tivo un problema co pegamento do bigote e estivo toda a obra cunha man pendente del. Iso impedíalle xesticular a gusto e supoño que lle fixo render moi por debaixo do seu potencial. E ao público tamén lle causaba angustia, porque vía claramente cal era o problema. Se chega a arrincar o bigote quedaríamos todos moito máis tranquilos.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2008 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Tertulia sobre Uxío Carré Aldao
A comezos de xuño fun unha vez máis a Villa Florentina, en Cecebre, a sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, á súa típica tertulia do primeiro domingo de mes.

Esta vez tocaba falar sobre Uxío Carré Aldao. Destacou como libreiro e editor. Na sede da súa "Librería Regional", que antes fora de Andrés Martínez Salazar, e situada na rúa Rego da Auga, atopábase a famosa tertulia da "Cova Céltica". Por certo, hai pouco ouvínlle a alguén que algún dos seus "inimigos" pretendeu inxuriar a ese grupo dicindo que se reunían na súa "cova" e acabou bautizando a esa xeración de coruñeses. Ás veces (ou case sempre) é mellor calar.

Síntoo, pero non atopei ningunha foto na rede, tampouco busquei moito, a verdade.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2008 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
I Certame de Composición Coral Alexandre Bóveda

O sábado 31 de maio celebrouse a Gala Final do I Certame de Composición Coral Alexandre Bóveda.

Chegaron á final 4 pezas finalistas, dos seguintes autores, e que foron defendidas por estas corais:
- Jesús Rodil e Xulio Loureiro, con Cantábile
- Nico Matteo Nico, coa Coral Polifónica de Bergantiños
- Bernardo Martínez, coa Coral de Cenlle
- Ricardo Seixo e Xaquín Facal, co Coro da A. C. Alexandre Bóveda.

Os ganadores foron os primeiros, coa súa peza "Hércules". Noraboa.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-07-2008 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
Omar Faruk Tekbilek
A finais de maio veu á Coruña o excepcional músico turco Omar Faruk Tekbilek.

Perdín a conta de todos os instrumentos que lle vin tocar. A darbuka, que lle veredes tocar neste video, só a tocou nunha peza. Quen lle acompaña e que é o membro do grupo que se encarga desa percusión, é o seu fillo.

Comezou o concerto algo frouxo. Pareceunos entender que era música "sufí" a das primeiras pezas. Efectivamente, eu de nota poñeríalle un "sufi". Pero despois foi collendo ritmo e o balance final foi moi bo.

Déixovos con el. Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2008 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Páxina sobre destrución do patrimonio
A finais de maio o arqueólogo Manolo Díaz, directivo da A. C. Alexandre Bóveda, que teño a honra de presidir, presentou unha interesante páxina web da súa autoría, que trata sobre a destrución do patrimonio na Galiza.

Tamén deu unha completísima conferencia sobre o mesmo tema, centrada na cidade e comarca da Coruña. Pero a conferencia non podo reproducila pero o enlace á súa páxina web si, polo tanto aí abaixo volo deixo.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Páxina sobre a destrución do patrimonio na Galiza
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-07-2008 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Kenshin
Por razóns que non veñen ao caso, que non penso explicar e que case prefiro esquecer, a finais de maio fun ver ao MACUF (Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa) a película Kenshin (poderíamos chamalo cine manga xaponés para acabar axiña).

Nunca me entusiasmou, nin o manga en series de debuxos nin en cine, pero o caso é que acabei alí. Parece que esta é unha das historias máis importantes da "mitoloxía" manga, e está baseada -máis ou menos- na realidade histórica da segunda metade do século XIX.

Non estivo mal pero as pelexas no aire ou os pensamentos (en alto) decidindo como van bautizar unha nova patada que acaban de inventar aínda me superan, e supoño que o farán eternamente. Non podo evitalo.

Saúdos.
Ficha da película na Internet Movie Database
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2008 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Libro coa Historia da A. C. Alexandre Bóveda
Hai pouco tempo puidemos publicar e presentar, por fin, o libro coa historia da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, que teño a honra de presidir.

Leva xa existindo máis de 30 anos, que se di axiña, aínda que eu levo alí pouco máis dunha década.

Por múltiples causas nas que non vou entrar, atrasouse un pouco a saída con respecto ao momento no que estaba prevista, pero finalmente foi posible e pensamos que quedou moi ben.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-07-2008 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0