Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Grandes Batallas, do Canal de Historia
Hai algún tempo merquei un libro que me suscitou algunhas dúbidas. Titúlase "As grandes batallas da Historia", e aparte de que os temas bélicos non me chaman especialmente a atención, estrañábame moito que un libro non tivera un autor ou autores determinados, senón que era autoría dun canal de televisión, neste caso o Canal de Historia.

A pesar das dúbidas, algún tempo despois acabeino mercando, e estes días foi lido. Como xa dixen, as tácticas militares e as cuestións armamentísticas non me interesan, así que alguén pode pensar que foi unha estupidez facelo. Pero en moitos dos capítulos, sobre todo ao principio (segundo me achegaba ao final, xa menos) había moitos aspectos históricos, étnicos, culturais, etc., que me interesaban e que foron o máis rico do libro. Aprender sobre pobos (algúns xa desaparecidos), etnias, civilizacións antigas, me resultaba moi atraínte. As batallas do último século xa son moi coñecidas e fan referencia sobre todo a aspectos militares, que me interesaron algo menos.

A lista de batallas, consta concretamente de 30, que nese canal consideran as máis significativas, que son: Qadesh, Maratón, Termópilas, Gaugamela, Cannas, Alesia, Jerusalén, Navas de Tolosa, Azincourt, Otumba, Lepanto, Blenheim, Trafalgar, Austerlitz, Waterloo, Bailén, Gettysburg, Little Big Horn, Verdún, O Ebro, Inglaterra, Stalingrado, Normandía, Midway, Ardenas, Inchon, a Guerra dos Seis Días, a ofensiva do Tet, as Malvinas e a Tormenta do Deserto.

Xa intuiredes que aparecen moitos persoeiros históricos como Ramsés II, Darío, Alejandro Magno, Leónidas, Aníbal, Xulio César, Solimán o magnífico, Enrique V, Hernán Cortés e Moctezuma, Nelson, Napoleón, Wellington, Custer, Cabalo Loco e Touro Sentado, Churchill, Hitler, Stalin, Eisenhower, Montgomery, Nimitz, o Vietcong....

Tristemente, boa parte da historia do mundo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2012 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Vilamor
Onte recibimos na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda a visita das principais figuras da película galega "Vilamor", que se estrea na Coruña o venres 4 de maio de 2012.

Esta película é unha nova produción de Vía Láctea Filmes, que xa triunfou hai catro anos con "Pradolongo". Este segundo proxecto segue utilizando o novidoso sistema de promoción de achegarse a todo tipo de colectivos, asociacións, colexios, etc., para que a obra sexa coñecida en persoa e así chamar máis a atención da cidadanía. Polo que dixeron, en Francia tamén se utiliza ese sistema de propaganda.

Estiveron connosco o director Ignacio Vilar, e os tres actores principais, Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez. Agardamos que, unha vez máis, a súa produción teña éxito. Polo que comentaron, en Lugo e Vigo está tendo moi boa acollida, e en Lugo xa leva máis dun mes en taquilla, cousa que ninguén pensaba conseguir.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2012 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0