Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cita a dúas: Dores Tembrás e Rut Balbís
Hai pouco asistín a un tipo de acto cultural novo para min, e moi interesante. É parte dun ciclo chamado "Cita a dous" (eu traducino a "Cita a dúas" por ser dúas mulleres as protagonistas deste primeiro acto) coordinado por Antía Otero, que se celebrou na Normal, o novo espazo cultural da Universidade da Coruña.

Non foi unha actuación nin da poeta Dores Tembrás nin da bailarina de danza contemporánea Rut Balbís. Consistíu nunha charla entre as dúas, que se coñecen dende hai pouco (e debido á súa participación conxunta neste ciclo), na que falaron entre elas e co público de como é o seu proceso creativo nas súas respectivas artes, que ten de común e de diferente entre elas.... resultou moi interesante.

Déixovos cun par de vídeos do seu traballo. No primeiro Dores cóntalle á cámara da AELG por que comezou a escribir, e no segundo vese un fragmento dunha obra de teatro na que actúa Rut. Son tres actores e Rut e moi fácil de identificar por dedicarse á danza contemporánea.

Saúdos.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2011 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Final do XIII Concurso de Maquetas de CUAC FM
Na noite do mesmo día que se celebrou a Feira de Asociacións mencionada, tivo lugar no Mardigras a final do XIII Concurso de Maquetas de CUAC FM.

Á final chegaron os grupos Lamprologus (Madrid) e The Dealers (Gasteiz).

Os gañadores foron Lamprologus, aos que vedes actuando precisamente nesa final, nun vídeo gravado polo responsable da web "empuje.net". A min foron os que máis me gustaron (penso que foi unha impresión bastante xeralizada). A min lembráronme a algúns grupos clásicos de rock que me gustan, como Pearl Jam.





O outro grupo era The Dealers, e tanto na pinta como na música lembraban bastante aos Beatles do principio. Non o facían mal, pero tampouco me chamaron moito a atención. Ademais, parece que varios deles estiveran enfermos nos días anteriores (e algún aínda o estaba na final) e non deron o mellor de si na actuación.





Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2011 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Feira de Asociacións de CUAC FM

Hai unhas semanas a emisora CUAC FM, coa que colaboramos e na que participamos de diferentes xeitos, celebrou no Campo de Marte unha romaría popular e feira de asociacións.

Durou de 12 da mañá a 6 da tarde. Pola mañá emitiuse en directo dende alí o Ar de Coruña. E pola tarde houbo actuacións de Fernando Esclusa, Folk in trío troupe, Miki Nervio and the bluesmakers e Pablo Díaz.

Durante todo ese tempo houbo inchables para os rapaces e unha feira de asociacións na que estivo a A. C. Alexandre Bóveda, Sen papeis, o Centro Social Gomes Gaioso, ADCOR e Zocaminhoca.

Foi un gran día de contacto co público e confraternización.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2011 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
O libro, a canción e a película de Xulia Santiso
Hai unhas semanas Xulia Santiso, a conservadora do Museo Emilia Pardo Bazán, veu á Agrupación Cultural Alexandre Bóveda a contarnos cal foi o seu libro, canción e película que máis lle marcaron.

En canto a libros, mencionou catro ou cinco, e ademais non os lembro todos, así que sería mellor non pararme aí.

En canto a canción, dixo que lle gustaba a música electrónica, e salientou a canción "Porcelain" de Moby, o descendente de Herman Melville, autor de Moby Dick (de aí o seu nome artístico).



E en canto ao cine, aínda que dixo que non era seguramente para ela a mellor película, dixo que si estaba moi unida, porque tivera que facer no seu momento un estudo e análise intensiva, á película "Ran" de Akira Kurosawa. Como un dos puntos salientables que aínda lembro que mencionou, estaba o das esceas de guerra sen o son real senón con música clásica, que resultaron moi vangardistas cando se presentou a película, no ano 1985.



Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 15-05-2011 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Mª do Carmo Kruckemberg e Mercedes Queixas
Hai uns días presentouse na Coruña un libro escrito por Mercedes Queixas sobre a excepcional e abraiante poeta viguesa Mª do Carmo Kruckemberg. Foi editado por Galaxia e tamén estivo presente o editor Francisco Castro. Un gran trío para un interesante libro.

A presentación ademais estivo amenizada polo grupo de jazz coruñés "3 azoteas", que acaba de presentar o seu primeiro disco.

Déixovos cunhas palabras e recitado da poeta para a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), que xa deixan claro que a pesar dos seus 85 anos a súa cabeza segue lúcida e áxil.

Saúdos.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2011 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0