Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Singing in the rain
Unha tarde de sábado, no CGAI, fun ver "Singing in the rain". Nunca a vira completa, só algún número solto, como o famoso que lle dá título.

Como xa sabedes, o cine daquela época tiña uns fantásticos guións moi elaborados, e resulta unha delicia ver esas películas, e os números musicais tampouco son desagradables.

Trata sobre a difícil transición para algúns dos actores e actrices do cine mudo ao cine sonoro.

Foi dirixida por Stanley Donen e Gene Kelly, e protagonizada por este último, Debbie Reynolds e Donald O'Connor, entre outros.

Déixovos cun divertido número musical protagonizado por este último.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2012 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Mesa redonda dos medios de comunicación en galego
Ante a crise de medios de comunicación en galego (que xa está comezando a superarse) decidimos, dende a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, convocar unha mesa redonda que falara da súa situación actual.

Viñeron representantes de "De luns a venres", "Galicia confidencial", "Radiofusión" e "Sermos Galiza" (teoricamente ponse en marcha un día destes), e o moderador foi Álex Sanjurjo.

Houbo moita menos xente da que pensabamos. Ata hai pouco, estes temas congregaban a moitas persoas, se cadra xa comezan a ver a luz ao final do túnel e están menos preocupadas por esta eiva, que semella comezar a superarse.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 14-04-2012 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Normalización Lingüística na Cidade da Cultura
Fun convocado hai unhas semanas, supoño que "representando" aos equipos de normalización lingüística de colexios relixiosos, a unha mesa redonda na Cidade da Cultura, sobre como mellorar o funcionamento deses equipos. O encontro no que estaba enmarcada a tertulia foi organizado polo Consello da Cultura Galega, que xa ten parte das súas instalacións alí arriba.

Tiven a fortuna de compartir actividade con Mercedes Queixas, Xabier Camba e Carlos Negro, e de participar nun acto organizado polo CCG, que sempre é un pracer.

Outra cousa foi comprobar de cerca o despropósito desa construción. O iluminado que tivo a brillante idea xa morreu, a ver se quería que ese fora o seu mausoleo.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2012 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
A sombra de Lear
Hai unhas semanas, asistimos no Fórum Metropolitano da Coruña a unha función teatral moi interesante.

Un modesto grupo de Guadalajara chamado Ultramarinos de Lucas representou a obra "A sombra de Lear (Shakespeare)". Consiste na representación simplificada, cun só actor, da grandísima e complexa obra "O Rei Lear", explicando a psicoloxía dos personaxes e das situacións, dunha forma amena e intelixente.

Déixovos un video dunha versión anterior arxentina.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2012 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Lois Pereiro, Contra a morte
Hai xa unhas poucas semanas, fun un sábado ao CGAI a ver o documental "Contra a morte", realizado por Iago Martínez e Alexandre Cancelo, sobre Lois Pereiro.

Foi moi interesante, el case non aparece en ningún momento, e case todo xira en torno a entrevistas aos seus amigos e familiares. Unha perspectiva moi interesante, outra máis, deste fenomenal poeta que foi re-descuberto o ano pasado grazas ao Día das Letras Galegas.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2012 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Valentín Paz Andrade, Galiza como tarefa
Na Fundación Luís Seoane había (penso que xa rematou) unha magnífica exposición sobre Valentín Paz-Andrade, o homenaxeado deste ano do Día das Letras Galegas.

Teoricamente esta Fundación debe dedicarse fundamentalmente á obra de Luís Seoane e á arte contemporánea en xeral. E faino. Pero de cando en vez organiza exposicións que non teñen que ver moi directamente con eses temas que son fantásticas.

Lembramos aínda a de Lois Pereiro do ano pasado, e este ano tamén fixeron outra enciclopédica con Valentín, unha grande figura do país. Sospeito que nas letras galegas non caeu moi ben que o homenaxeado destacara máis como avogado, empresario e político que como poeta.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2012 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Mercedes Queixas e a presenza da muller na literatura galega
Hai xa algún tempo, a insigne profesora, escritora e activista Mercedes Queixas veu á Agrupación Cultural Alexandre Bóveda a falar de "A presenza da muller na literatura galega".

Como era previsible, a charla foi unha delicia e aprendemos moito coa súa gran oratoria e capacidade de convicción.

Déixovos coa súa voz falando da súa obra.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 14-04-2012 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0