Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A fuxida, de Berta Dávila e Inma Doval

Recén aterrizados do Entroido en Compostela, chéganos o aviso de que en Portas Ártabras, o magnífico local na Cidade Vella da Coruña que é sede da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, vaise presentar o libro "A fuxida", con textos de Berta Dávila e debuxos de Inma Doval, e editado polos nosos amigos de Biblos.

A verdade é que facíase un acto moi apetecible, e non faltamos. Ademais, naquel gran local, aproveitaban para inaugurar unha exposición con cadros de grande formato que se utilizaron para o libro. Na foto podedes ver algún deles, coa súa autora, Inma Doval, á esquerda, e a escritora Berta Dávila, á dereita. A verdade é que esta última leva unha racha espectacular, case todos os libros que publica levan premios literarios.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2014 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxes O Lóstregho entroidando en Compostela
Non por necesidade de coñecer un novo lugar, que é máis que coñecido, senón por descansar un pouco e ver aos vellos amigos e amigas, fomos pasar o Entroido en Compostela.

En canto a eventos culturais neses días, visita a varias exposicións, como a de Maside na Fundación NovaGalicia Banco, a exposición no CGAC, con cousas sorprendentes, como é habitual na arte contemporánea. E en canto a música, vimos nun novo auditorio de NovaGalicia Banco a presentación do último disco de Sondeseu, titulado "Danzas brancas", e tamén tivemos un encontro con García MC, recén chegado de Chiapas, de onde viña de presentar o seu último disco, titulado "Abaixo e de pé", e feito con algúns rapeiros mexicanos, como Lengualerta.

Déixovos un par de vídeos destes dous discos.

Saúdos.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2014 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0