Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Viaxe a Amsterdam e os Países Baixos
Hai unhas semanas o profesor e fotógrafo Manolo Graña, directivo da A. C. Alexandre Bóveda, proxectou unhas fotografías sobre a súa última visita a Holanda e Bélxica. Inicialmente a idea era ver Amsterdam, pero despois tamén nos amosou outras cidades.

Deste xeito puidemos ver fermosas paisaxes e estampas de Amsterdam, Bruxelas, Bruxas e coido que algunha outra cidade belga que agora mesmo non lembro, co seu peculiar xogo coa auga en diques, canais e ríos, tan típico dos Países Baixos.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 04-12-2010 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Tertulia sobre Xosé Seijo Rubio
Hai algún tempo asistín a unha máis das tertulias que organiza a Fundación Wenceslao Fernández Flórez na súa sede de Villa Florentina, en Cecebre - Cambre.

A desta ocasión era sobre Xosé Seijo Rubio, que tamén dá nome a unha rúa da cidade da Coruña, onde pasou boa parte da súa vida. Pero no nome da rúa chámanlle "pintor", e casualmente parece que foi máis célebre como profesor de Debuxo e Caligrafía na Escola de Comercio da Coruña.

Tería que mirar, xa que Alexandre Bóveda pasou por esa escola en torno ao ano 1920, non sei se xa estaría este señor de profesor.

Na tertulia estaban varias mulleres que foron alumnas súas ou que o coñeceron en persoa, e que aportaron ricas anécdotas do seu trato.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2010 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0