Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os microcréditos do Grameen Bank
Hoxe rematei de ler outro libro. Moi interesante.

Titúlase "El precio de un sueño" e está escrito por canadiense (ou será canadiano?) David Bornstein. Aclarar a que se dedica este señor xa é máis complicado, e non o digo por mal.

Fala de como se puxo en pé o proxecto do Grameen Bank, a abraiante iniciativa do economista de Bangladesh Muhammad Yunus, que vive de dar microcréditos principalmente a mulleres das zonas rurais do país, para que saquen adiante as súas modestas iniciativas "empresariais" e autónomas. Non é caridade, é reactivación da economía de baixo nivel en millóns de persoas simultáneamente.

Recibiu por esto o Premio Nobel da Paz en 2006, xa que acabar coa pobreza seguramente traería a Paz á terra.

Sorprendeume un capítulo que apenas fala do banco, que se titula "El mundo", e que fala sobre o mal que funcionan as axencias de desenvolvemento do "primeiro mundo" e por que fracasan unha vez tras outra en países como Bangladesh (e todos os demais tamén).

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-12-2007 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Redes de Coñecemento
Hoxe vin unha exposición fenomenal.

Titúlase "Redes de coñecemento" e subtitúlase "A Junta para Ampliación de Estudios e a Ciencia en Galicia".

Está organizada polo Consello Superior de Investigacións Científicas e conmemora os 100 anos da creación das Juntas de Ampliación de Estudios, que mandaron a tantos científicos españois (e neste caso, galegos) a facer estadías no estranxeiro para poñerse ao día e contactar coas vangardas científicas do momento.

Está agora mesmo (e ata o 20 de decembro) na Aula SocioCultural de Caixa Galicia na Coruña (esquina de Médico Rodríguez e Juan Flórez). A continuación irá a Vigo e Santiago (e querían que tamén fora a Pontevedra, pero......).

O comisario é Xosé Antón Fraga, seguramente a persoa que máis sabe sobre a historia da ciencia en Galicia. Cando un traballo está nas súas mans, o éxito está asegurado.

Moi recomendada para os que teñan un mínimo interese pola ciencia e a súa historia.

Saúdos.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-12-2007 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
O 75 Aniversario das Mocidades Galeguistas
No Teatro Colón da Coruña celebrouse o 75 Aniversario das Mocidades Galeguistas.

No emotivo acto houbo intervencións políticas, entrega de medallas a membros ou familiares de membros da organización (falou en nome deles o lucidísimo Avelino Pousa Antelo, a pesar dos seus case 100 anos) e actuacións dos grupos A Quenlla e a Banda Potenkin, sendo presentado o acto por Antía Otero.

Tamén se viron uns minutos do documental "A nosa terra é nosa" que están facendo algúns membros da nosa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-12-2007 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
O número 175 da Revista Grial
Non sei se na miña cidade presentan habitualmente os números da Revista Grial. Pero co número 175 si o fixeron. Chegoume a nova. E en canto me enterei que boa parte das súas páxinas estaban dedicadas á ciencia en Galicia, nin o pensei. Alá fun.

Estaba Isabel Bilbao representando á Fundación Caixa Galicia (creo que agora axuda á revista), Tino Fraga (amigo e un dos que máis sabe da ciencia en Galicia), Uxío Labarta (expertísimo no tema e membro do CSIC) e Víctor Freixanes, sempre unha delicia escoitalo falar.

Entereime tamén ese día que no mesmo local (o de Caixa Galicia en Médico Rodríguez esquina Juan Flórez, na Coruña) hai unha exposición comisariada por Tino Fraga sobre o centenario da Junta de Ampliación de Estudios. Irei vela en canto poida.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2007 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Proxección audiovisual sobre Alexandre Bóveda
O outro día presentei na Fundación Wenceslao Fernández Flórez, en Cecebre (a súa sede está nunha casa chamada Villa Florentina) un "powerpoint" sobre a vida de Alexandre Bóveda.

Agardamos que iso axude á difusión da figura que dá nome á nosa asociación cultural.

Isto de facer powerpoints axiña será deporte olímpico, como sigamos así.

Parece que gustou, tanto que incluso algúns pensaron que eu era un experto no tema.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-12-2007 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas sobre "Cidade e Cultura"
Hai uns días celebrouse unha xornada sobre "Cidade e cultura" no Centro Cívico dos Mallos.

O programa era tremendamente interesante pero só puiden asistir á parte final xa que as miñas ocupacións dese día impedíronme chegar antes das sete da tarde. Incluso non permitiron que asistira a unha mesa redonda da mañá onde estaba invitado a participar, tiveron que substituírme pero sei que o fixeron ben, como non podía ser doutro xeito.

A xornada rematou con Cándido Pazó, a quen tamén vira no noso Memorial de Teatro Ibán Toxeiro, celebrado só dous días antes. De novo, o colofón inmellorable.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-12-2007 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
O Memorial de Teatro Ibán Toxeiro
Festival de Teatro que organiza a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda todos os anos, polo outono. Básicamente consiste nunha gala onde se mestura o teatro amador e o profesional. Este ano tamén houbo, outro día e noutro local, os títeres de Tanxarina.

Rende homenaxe a Ibán Toxeiro, xoven actor coruñés e socio noso que morreu no ano 1996 cando xa despuntaba nas táboas.

Este ano actuaron:
- Teatro do Estibón: novo grupo profesional formado por Xosé Bonome e Estíbaliz Veiga (na foto).
- Inquedanza: grupo de danza contemporánea moi interesante.
- Grupo de teatro da Agrupación: representaron un fragmento da "Asemblea de mulleres" de Aristófanes.
- Cándido Pazó: Excepcional contacontos.

E todo isto amenizado coa música do grupo Rumbo Tupá.

Pasamos un rato moi agradable.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-12-2007 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
As sombras chinesas de Tanxarina
Uns días máis tarde, e formando parte do programa de actos do "Memorial de Teatro Ibán Toxeiro" (que organizamos na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda), actuou o fenomenal grupo de títeres Tanxarina, no Centro Cívico dos Mallos.

O título da obra creo que era "Tres sombreiros sen chapeu" ou algo así, e era de sombras chinesas. Abraiante. E ao rematar deixáronos ver como era o mecanismo da proxeccións e dos bonecos.

Tatán, Miguel e Andrés, coma sempre, tan amables e tan pícaros. As obras son para nenos pero sempre hai "detalles" que os fan madurar de xeito acelerado...

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-12-2007 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional contra a violencia de xénero
Hai uns días a Marcha Mundial das Mulleres organizou no Teatro Colón da Coruña unha gala conmemorando o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Houbo primeiro unha serie de tres pezas teatrais breves, unhas intervencións e a actuación do fenomenal grupo Marful, liderado por Uxía Pedreira.

Algunha cousa mellorable ou algo aburrida, pero en xeral un bo espectáculo (sobre todo Marful), pero o importante era reflexionar sobre a lacra que nos reunía alí.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-12-2007 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0