Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Faladoiro e Farra con Xabier Díaz sobre a música galega
Onte tamén tivo lugar unha das actividades máis populares da A. C. Alexandre Bóveda e que máis nos gusta: o Faladoiro e Farra.

Como supoño que sabedes, consiste nunha cea a base de racións, despois unha tertulia sobre un tema determinado introducida por un experto, e finalmente, se se presta e hai instrumentos, algo de música interpretada polos propios asistentes.

Vaiamos por partes:
- O local. Nesta nova xeira que comezou en maio de 2009, facémolo no Club do Mar da Coruña. Impresionante. Despois dalgunhas dúbidas iniciais, o trato é exquisito, a comida ten unha relación calidade-cantidade/prezo alucinante, as instalacións son moi boas e, no caso de que cantáramos, que últimamente non o fixemos, non hai veciños que poidan protestar e podemos estar alí ata as 2 ou 3 da mañá tranquilamente.
- Afluencia. Comezamos bastante forte pero agora baixou un pouco, pero tampouco é algo que nos preocupe demasiado. Esta actividade autofinánciase e sempre saímos moi contentos dela. Este día estivemos 13 persoas e foi unha tertulia moi moi agradable, a parte da amabilidade de Xabier Díaz, que nos cautivou.

Pois iso, ata as 2 da mañá estivemos falando do divino e o humano sobre a situación da música galega coa intervención de todos e as moi sabias indicacións e aclaracións de Xabier.

A nosa intención é que o seguinte faladoiro sexa o venres 13 de novembro con Felipe Senén falando sobre "As festas populares". Estades todos invitados.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 03-10-2009 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Discurshow sobre Charles Darwin e o Beagle

Onte pola tarde asistín a un espectáculo excepcional, un deses eventos orixinais que exploran novas formas de comunicación en áreas tan complexas como a divulgación científica.

Chegoume o aviso de que na Domus da Coruña ía ter lugar unha especie de representación teatral desenfadada que ía contar a vida de Charles Darwin ou algo similar. E así foi. Das cousas máis divertidas, amenas e didácticas que vin en moito tempo.

Os conductores do acto eran dous: Xurxo Mariño, divulgador científico de cada vez máis e mellor traxectoria (penso que é profesor na UDC) e Vicente de Souza, actor que facía a meirande parte das dramatizacións da historia.

Máis que a vida de Charles Darwin, contaron a viaxe do Beagle de 1831 a 1836, aquela na que foi Darwin, e que supuxo algún tempo despois un cambio esencial na comprensión da natureza e das especies animais.

Fixérono por medio de videos, actuacións, paneis, de forma tremendamente lúdica e fluída. Había bastantes rapaces. Esperemos que eles e outros da súa xeración teñan a oportunidade de chegar a un estadio de cultura superior ao que nos atopamos agora.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2009 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
O país das bestas, de Eva Moreda
Hai uns días conseguín atopar un oco para disfrutar do lecer cunha das miñas ocupacións favoritas, a lectura.

E deume tempo para ler unha novela breve titulada "O país das bestas", escrita por unha rapaza de orixe asturiana que agora traballa de investigadora en Londres, chamada Eva Moreda.

Polo visto, fora unha das novelas finalistas da primeira edición do interesantísimo premio literario creado por Biblos para fomentar os novos narradores galegos, mais non ganara no seu momento. O proxecto quedou no caixón ata que a autora conseguíu rematalo. E cando o fixo, Biblos prestouse para editalo.

O resultado é moi interesante. A trama xira en torno a unha investigadora que está facendo a súa tese sobre as bestas dos montes, os seus propietarios, as comunidades de montes e todas esas complexas relacións. Chega a unha aldea para pasar uns meses investigando nese tema, e implícase decididamente nunha serie de sucesos que acontecen no lugar.

Xa lera moi boas críticas da novela, algunha de xente con tanto prestixio como Méndez Ferrín (se non lembro mal) e como a tiña por casa pensei que tiña un aval que outras obras non teñen. Pagou a pena o esforzo.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2009 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0