Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Charla de Manolo Rivas no Circo de Artesanos
O outro día asistín a unha charla que deu Manolo Rivas no Circo de Artesanos da Coruña.

Nada de particular, había tempo que non o ouvía falar e tiña ganas de velo. E así aproveitaba para descansar un pouco, que me fai boa falta últimamente. Estivo moi interesante, como é habitual nel.

O que xa non me chamou tanto a atención foi o lugar. Unha entidade cun longo e exitoso pasado (xa ten 160 anos) pero que semella que non se dá adaptado aos novos tempos. Terían que recapacitar e reflexionar a que se debe o baixón de socios, por que non hai apenas xente nova....

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2007 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
O Señor dos Aneis
Un ano máis, a finais do curso anterior celebramos a festa de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato do noso centro, que marchaban para a Universidade.

E dende hai varios anos varios profesores e alumnos pasamos uns bos ratos dobrando ao galego e dándolle tinte local a algunhas escenas de películas famosas.

O ano anterior fora "Star Wars" e este ano tocáballe a "O Señor dos Aneis". O ano que vén toca... ai, carallo, que non o podo dicir!!!!!!!

Claves locais para que todo o mundo poida entender do que se fala:
- Peteiron: Ao carón do noso colexio hai unha fábrica chamada "Maderas Peteiro". A moita xente non lle gusta que haxa unha madeireira a carón dun colexio, aínda que levan xuntos toda a vida e nunca pasou nada. Hai tempo (agora non tanto) os que querían fumar pegábanse aos muros que nos separan desa fábrica e ocultos na vexetación. Agora, como non hai vexetación, xa non serve. Pero "Peteiro" segue sendo un símbolo....

- Monte de Bens: Antigo vertedeiro da cidade que se derrubou hai máis de 10 anos. Enriba fixeron un parque pero ninguén esquece que debaixo hai toneladas de lixo que se van desfacendo aos poucos. Seguro?????

- Labañou e Monte Alto: O noso colexio está moi cerca do barrio de Labañou. Os dous barrios son dos dous con máis "carisma" da cidade. Teñen fama de épicas pelexas entre os seus moradores.

Creo que con esto incluso os de fóra da Coruña captarán bastante ben a historia.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-10-2007 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Redes e Eduard Punset
Un ano máis, comezou o programa "Redes" na segunda cadea da televisión española. O único programa de televisión ao que estou relativamente enganchado.

Un ano máis para seguir coñecendo a xente interesante e a seguir aprendendo cousas da man de Eduard Punset, a unhas horas intempestivas (viva o video) e sempre coa dúbida de se cambiarían o programa de día cada semana.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2007 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Arquitectura moderna na Coruña
O venres 5 de outubro pola tarde tivemos unha actividade organizada pola A. C. Alexandre Bóveda que resultou moi agradable.

Foi un safari fotográfico urbano guiado polos arquitectos Plácido Lizancos e Héctor Fernández que nos permitiu coñecer a fondo dous dos novos edificios da cidade: a Casa das Artes, tamén coñecida como Prisma de Cristal, e a Fundación Luis Seoane.

No primeiro, na zona de Labañou que dá ao paseo marítimo, fixo de guía o xefe de obra, Arturo Lombera. Contounos como foi o deseño, a construcción, os dous edificios nun (museo de arte e conservatorio de danza) que case non se tocan, e a incertidume que hai sobre como pode ser convertido no Museo da Ciencia que supostamente acabará sendo. Polo visto, está moi ben considerado no panorama arquitectónico mundial.

Na Fundación fixo de guía nada menos que Covadonga Carrasco, que xunto con Xoán Creus deseñaron o edificio. Tamén nos estivo contado como foi o deseño, o derrube do cuartel anterior (a caixa de reclutas) e o aproveitamento de espazos. Tamén nos contou como e por que non se estaban aproveitando algunhas posibilidades que ofrecía o edificio.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 07-10-2007 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Proxección das fotos de Roma
O pasado xoves 4 de outubro proxectamos na sede da A. C. Alexandre Bóveda algunhas das fotos que sacamos en Roma. Intentei avisar antes por se alguén quería ir, pero foime imposible. Estou tan liado que nin tempo tiven para iso. Como vedes, as actualizacións non son constantes, van por ondadas.......

Non había moita xente, pero bastante da que estaba alí é pouco frecuente e moitos era a primeira vez que ían pola asociación, así que pode considerarse un éxito.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 07-10-2007 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Historias de Galicia
Comezan de novo a botar os domingos pola noite (sobre as nove e media) na TVG a interesantísima serie documental "Historias de Galicia".

Moi ben presentada por Xosé Barato, amosa con dramatizacións bastante ben conseguidas aspectos da vida e da historia galega. O primeiro capítulo desta xeira xirou en torno ás guerras que pasaron por Galicia e como se viviron aquí.

Falaron, concretamente, dos Irmandiños, da guerra contra os franceses e da guerra civil. E nesta contaron a incrible historia de Antón Alonso Ríos "o siñor Afranio".

Saúdos.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2007 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
O burgués fidalgo
O outro día fun ver a obra de teatro "O burgués fidalgo" de Molière, a cargo do grupo Teatro do Morcego.

Molière é un valor seguro. Unha das obras máis coñecidas del. Celso Parada de director. De actores, Santi Prego (na foto), Luisa Merelas, Maxo Barjas, Mundo Villalustre, Xabier Estevez....

Era difícil que a cousa saíra mal. E saíu ben, por suposto. Un rato moi agradable para relaxarse. E ademais non a vira nunca, todo era sorpresa.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2007 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0