Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O tempo entre costuras
Neste Nadal moi lector que me estou agasallando, acabo de rematar "O tempo entre costuras", un grande éxito editorial do 2009, do que acabo de ver en Internet que, ou xa hai, ou estase gravando unha serie baseada nela.

Foi escrita por María Dueñas, unha manchega que é profesora na Universidade de Murcia. Para ir avanzando algo, diremos que trata sobre a vida dunha modista (por iso a referencia ás costuras) entre o ano 1935 e principios dos anos 40, con tres escenarios principais, que son Madrid, Tetuán e moi brevemente Lisboa.

A cousa vén sendo que a costureira Sira Quiroga, que levaba unha gris existencia no Madrid dos anos 30, axudando á súa nai e a unha modista nun taller desa cidade, sofre un tremendo xiro na súa vida que lle levaba ao matrimonio cun amigo da infancia, e en poucos meses, a finais de 1935, aparece en Tetuán cun grande débeda da que non é responsable e algúns lios coas autoridades de Tánxer e Madrid.

Comeza a traballar como modesta modista en Tetuán, despois dalgunha incrible aventura e fai algunhas amizades moi interesantes. Cose principalmente para as mulleres estranxeiras que pasaban por alí naquel momento.

Por unha desas amizades, recibe a proposta de montar un taller de alta costura no Madrid cando xa rematou a Guerra Civil, para que vaia "espiando" o que din as súas clientas, principalmente as alemás. Dese xeito, pasará a formar parte dunha sección do servizo de espionaxe británico.

Fai moi ben o seu traballo, aínda que en varias ocasións está a punto de meterse en varios líos monumentais que a desenmascararían, e recibe o encargo de facer unha breve visita de dúas semanas a Lisboa para conseguir certa información importante. Consíguea, pero está a piques de morrer no intento.

Pasáronse unhas moi boas horas de lecer con esta novela ben tramada.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-01-2012 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0