Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Museo da Marinha
Museo da Marinha

Seguimos vendo máis cousiñas do Museo da Marinha de Lisboa. Esta nave lémbrame dúas cousas:

- Os "rabelos", os barcos que había en Porto para transportar o viño polo río Douro, e que normalmente vense por onde están as adegas de Vila Nova de Gaia. Pero se non lembro mal son máis grandes.

- As "góndolas" que hai en Aveiro, a vila un pouco ao sur de Porto, que foi bautizada como a "Venecia Portuguesa". Obviamente, nun arrebato de esaxeración deses que se dan ás veces, porque Aveiro é moi bonita pero só ten tres ou catro canais, e non moi grandes. Non estiven en Venecia pero teño entendido que está moito máis "canalizada".

Eu penso que está nave debe ser destas últimas. Creo que se chaman moliceiros, e utilízanos para o transporte de algas e sal.

Saúdos.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0