Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os buitres negros en Monfragüe
Os buitres negros en Monfragüe

Suponse que un dos maiores atractivos fauno-florísticos do Parque Natural de Monfragüe son as colonias de buitres negros.

Nun punto da estrada que cruza lonxitudinalmente o Parque, hai unha parada e alí hai varios petoutos impoñentes á beira do río que acollen colonias destes fermosos animais.

Nesta foto podedes observar un grupo deles que saíu dar unha volta para ser fotografiados.

En todo caso, teño que recoñecer que unha das primeiras veces que ouvín falar deste lugar foi a un colega ecoloxista que vestía unha camiseta de Monfragüe coa efixie dun lince. Non sei se hai aquí unha pequena colonia, ou é un lugar onde queren asentalo de novo. Eu pensaba que só quedaban en Doñana. Alí ata hai sinais de tráfico que avisan "Precaución: linces".

Saúdos.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0