Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Limpeza de sangue
"Limpeza de sangue" é a obra de teatro coa que Rubén Ruibal gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2007.

Dende aquela estaban intentando que unha compañía montara o espectáculo, con escaso éxito. Por fin o conseguiu a compañía coruñesa Espello Cóncavo. Esa foi a representación que vimos onte pola noite, e que nos gustou moito.

A min persoalmente únenme bastante cousas a esta obra e montaxe:
- Por unha banda Espello Cóncavo case sempre fai cousas moi interesantes.
- Por outra banda, teño certo trato con Rubén Ruibal, que é o corresponsal de Teatro de "Recendo", o programa de radio semanal que a A.C. Alexandre Bóveda emite en CUAC FM (ver enlace na barra da esquerda).
- Ademais, un dos actores é Xoán Carlos Mejuto, director do grupo de Teatro da A.C. Alexandre Bóveda.
- O director desta obra é Arturo López, a quen lle demos hai varios anos o Premio de Teatro Amador Ibán Toxeiro, que entrega a A.C. Alexandre Bóveda, por dirixir o grupo de teatro da ONCE, que fai todas as súas obras en galego.

A obra trata, basicamente, da amizade inesperada que xurde entre un banqueiro e un yonqui por pasar horas xuntos no hospital cando coinciden en adxacentes máquinas de diálise, debido ás súas doenzas renais (de aí o nome da obra, entre outras cousas).

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2011 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0