Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Música baixo as estrelas
Esta tarde conseguín ir a un acto cultural que me perdera hai uns meses, cando se celebraban os 25 anos da Casa das Ciencias da Coruña.

Chámase "Música baixo as estrelas" e consiste nun breve concerto duns 25 minutos de duración a cargo de Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillermo Fernández no Planetario da Casa das Ciencias, mentres se proxectan algunhas das videocreacións na cúpula.

Entre a maxia do lugar e o destes excepcionais cantantes e músicos, podedes imaxinar a marabilla que resulta.

Déixovos un video da actuación que fixeron hai uns meses, pero non dentro do Planetario, senón na explanada de fóra. Como na cúpula só caben unhas 80 persoas, naquela primeira ocasión, na que debutaban, e só se fixera unha sesión ou dúas, tiveron a gran idea de facer un concerto un pouco máis longo fóra, facía moi boa noite, por certo.

Para non variar, deixo unha das cancións que máis me gusta deles, que ultimamente a escoito moito: o "Astronauta lírico" do cantautor brasileiro Víctor Ramil.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-01-2011 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0