Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comeza a Era de Xéminis
Representación medieval de XéminisXeroglífico:

É posible que o xoves 8 de febreiro comece a Era de Xéminis.

Non o entendedes?

Pistas:
- Quen fai este blog?
- Cando naceu? (é dous tercios da Bestia).
- Que pasa o xoves 8 de febreiro?
- Que tipo de novas aparecen NESTA SECCIÓN do blog?

En galego creo que se di "Xemelgos" pero a min gústame máis "Xéminis". A ilustración saqueina da wikipedia en bable (ast.wikipedia.com).

Saúdos. Os Mártires da Caeira.

PD: Eu non dixen que o xeroglífico fora doado de acertar.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (2) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-02-2007 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Que tipo de substancia psicotrópica tomaches cando fixeches es#blgtk08#te artigo? Aparecéuseche Santa Clara? Ou San Alexandre Bóveda?
Comentario por Xancín (07-02-2007 22:54)
2 Ben, parecías desorientado pero se cadra tes máis puntería da que parece.

A última pregunta que fas ti debe significar que captaches a última das 4 pistas que eu proporcionei.

Se visitas a páxina que v#blgtk08#én no artigo poderías atopar resposta á 3ª pista. A 1ª supoño que xa a sabes.

E na 2ª, meu Deus, que non o captes ti, cos coñecementos bíblicos que atesouras!!!!!

Veña, Xancin, estás no bo camiño!!!!!!
Comentario por Ignatius J. Reilly (08-02-2007 16:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0