Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Maratón de lectura na Real Academia Galega

O pasado venres 26 de xaneiro de 2007 tivo lugar na Real Academia Galega un Maratón de Lectura no que estivemos tres horas lendo textos de todos os autores homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Participaron alumnos dos Franciscanos, Maristas e Escolapios da Coruña. Como académicos participaron Xosé Luis Axeitos (inaugurou), Xesús Ferro Ruibal, Ramón Villares, Luz Pozo Garza e Xosé Ramón Barreiro (clausurou).

Vedes unha foto que se sacou o presidente da RAG, D. Xosé Ramón Barreiro con alumnos dos Escolapios e a profesora que os coordinou, Guadalupe Martínez. A foto está un pouco movidiña, pero....

Saúdos. Os Devotos de Santa Clara.
Comentarios (3) - Categoría: Os Devotos de Santa Clara - Publicado o 02-02-2007 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 De certo que debeu de ser unha#blgtk08# xornada máis que interesante.
Comentario por náufrago (04-02-2007 18:07)
2 Si, penso que si, o que pasa é que non houbo moito público e non tivo demasiada repercusión. Aos rapaces gústalles moito facer estas cousas pero despois extráñalles un pouco porque non lle gustan á xente.

Viñeron fotógrafos de varios xornais locais (saíu breve reseña nalgún deles), chamaron da Radio Galega e viñeron tamén os da TVG, aínda que ninguén ten constancia #blgtk08#de ter visto a reportaxe en ningún programa. E iso que entrevistaron a varios académicos e a varios rapaces.

Nada, como xa temos falado moitas veces e como comentas ti de cando en vez no teu excepcional blog, estas cousas facémolas os románticos decimonónicos para nós mesmos. Pero non choremos, nós somos felices, que é o que importa. Seguirémolo facendo con ilusión.
Comentario por Ignatius J. Reilly (04-02-2007 22:59)
3 Pois eu son un romántico decimonónico cheo de envexa. Quen me dera. Que ghuapiños aí todos... e que be#blgtk08#n saiches ti¡¡¡¡ En fin, continuemos coa devoción a Santa Clara, agora que me acorda, vou chamarte...
Comentario por Xancín (05-02-2007 22:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0