Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Orgullos@s do galego
Acaba de saír unha fenomenal campaña audiovisual promovida pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, un grupo de profesores voluntariosos que aman o galego e o defenden con paixón e con argumentos científicos e rigorosos.

Unha das medidas estrela desta campaña son estes vídeos que vos poño aquí. Se queredes máis información da campaña, está en

Orgullos@s do galego

Saúdos. Os Devotos de Santa Clara.



Comentarios (2) - Categoría: Os Devotos de Santa Clara - Publicado o 22-02-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Noraboa a todo ó equipo e un tr#blgtk08#aballo excelente, moi boa idea.
Comentario por mirada (22-02-2010 21:04)
2 Ainda que estou dacordo cunhas palabras dunha amiga falando a colación desta iniciativa que sendo boa "porque trátase de concienciar e facer chegar unha mensaxe de defensa e apoio a lingua. Pero é ben triste pensar que a lingua de Martín Codax, Fernando Esquío, Afonso X, Rosalía, Otero Pedrayo, Castelao, Blanco Amor, Cunqueiro, Ánxel Fole... teña que ser, a estas alturas, "prestixiada" por famosos e persoeiros da cultura. ¡Manda carallo, que traballiños hai que pasar! ¿Imaxínaste, que #blgtk08#hoxe ao presidente Zapatero lle dese por sacar una lei na que se privilexiase a aprendizaxe do inglés a costa de rebaixar as horas que no ensino público se lle adican ao español? ¿Imaxinaste que a lingua de Don Miguel ou de Quevedo a tivesen que defender e "prestixiar" Álmodovar, Antonio Resines o Belén Rueda...
Como diría Castelao: Cousas da vida!" dito en http://sinpermisodetucaranilicenciadeustedes.blogspot.com/2010/02/por-y-con-la-lengua-queremos-galego.html

Comentario por mirada (24-02-2010 18:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0