Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A amarga emoción do perdido
Cartel de "A amarga emoción do perdido"
O mércores 17 de xaneiro de 2007, ás 20:30 h, no Forum Metropolitano do Parque Europa da Coruña, terá lugar a representación da obra teatral ?A amarga emoción do perdido? que o grupo teatro Proscrito estreará en Galiza.


?Teatro Proscrito? está dirixido por Lino Braxe e os actores son: Flor Maceiras, Xavier Deive, Rebeca Montero e Silvye Juncal.


O prezo é de 6 ? para público en xeral e 4 ? para socios da agrupación, maiores de 65 anos e carnet xoven.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (3) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 16-01-2007 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Por un momento a foto pareceu#blgtk08#me dos devotos de Santa Clara
Comentario por Xancin (21-01-2007 11:29)
2 Pois non, é dos Mártires da Caeira. Éche unha cousa ben rara. É unha obra que conta cousas da vida de Inés de Castro, pero non os grandes feitos da súa #blgtk08#lenda, senón conversacións privadas. E ademais ambientadas no mundo hindú, con música hindú, incienso...Así pode que xa se entenda algo mellor o cartel.
Comentario por Ignatius J. Reilly (22-01-2007 16:33)
3 Para que lle poda interesar, o Cartel e maila Foto, son obra de César Górriz,#blgtk08# un xove fotografo Galego. Para o meu parecer, un bo traballo.
Saudos.
Comentario por incognitus... (04-04-2007 21:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0