Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Persépolis
Hai poucos días fun ver a película "Persépolis", da iraniana Marjane Satrapi. Se non me engano, está baseada no libro (poderíamos chamarlle cómic??) do mesmo título e mesma autora.

Trata sobre a súa vida, unha rapaza que está crecendo cando cae o Shah de Irán e chega a Revolución Islámica. E a cousa non mellora con este cambio. A familia da rapaza sofre certa represión e a rapaza coñece a realidade en primeira persoa.

Cando é adolescente é enviada polos seus pais a Viena. Está alí durante algún tempo pero non se adapta demasiado ben e volve. Está algúns anos en Irán, pero volve ter problemas porque quere máis liberdade e os fanáticos musulmáns non lla dan. Finalmente acaba marchando para Francia.

A película é en versión orixinal (francés) con subtítulos en castelán. Déixase ver moi ben, resulta moi interesante, apréndese moito dun xeito ameno e incluso ten tamén momentos moi divertidos.

Recoméndase vivamente vela, amosa un choque de culturas moi actual.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2010 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0