Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O xogo de Yalta - Afterplay

Hai unhas semanas fun ver unha representación teatral a cargo da compañía galega Teatro do Atlántico que consistía na concatenación de dúas pezas baseadas en obras de Chejov.

A ver, aclaremos algúns conceptos sobre esta representación:
- Primeira: A representación duraba unhas dúas horas, pero era simplemente a escenificación de dúas obras distintas, unha despois da outra, de aproximadamente unha hora cada unha.
- Segunda: a primeira obra era interpretada por dous actores, e a segunda por outros dous diferentes, e os catro só coincidían no escenario durante uns breves segundos que son, obviamente, o final da primeira e o comezo da segunda.
- Terceira: realmente as obras non son de Chejov, son dun dramaturgo irlandés chamado Brian Friel que se baseou en personaxes de Chejov (de "A dama do canciño" e de "Tío Vania") para tecer novas historias, pero seguindo totalmente o estilo de Chejov (ou intentándoo, claro).

A primeira foi "O xogo de Yalta" e foi interpretada por Victoria Pérez e Damián Contreras. Ela é "a dama do canciño", vén de Moscú a Yalta para descansar, por recomendación do seu marido, e coñéceo a el, un dandi de Yalta. El sedúcea e hai unha historia de amor entre eles, tamén en Moscú, a onde ela volve ao enfermar o seu marido.

A segunda obra, titulada "Afterplay", e protagonizada por María Barcala e Gonzalo Uriarte, trata dun encontro entre unha muller (sobriña do Tío Vania, se non lembro mal) que vén a Moscú porque as autoridades lle aconsellan que convirta as súas leiras en bosques para sacarlle máis partido, e un home, que está ensaiando na Ópera de Moscú a estrea ao día seguinte de "La Boheme" de Puccini. Pero resulta que nesa conversa hai bastantes mentiras (case todas por parte do home) que sacan a relocer pouco despois que realmente só é un músico de rúa.

Para o meu gusto, a primeira obra foi bastante pesada, unha historia de amor bastante insulsa e xa vista moitas veces. A segunda xa resultou algo máis levadeira, xa que as mentiras dábanlle uns xiros interesantes á trama, aínda que tamén tiña certa tendencia á pesadez.

E resulta que é a mesma sensación que tiven en anteriores ocasións que teño visto obras de Chejov (ou basadas nas súas, como foi este caso). É un dos piares principais do teatro europeo, pero con diferentes compañías e diferentes idiomas, eu aínda non conseguín conectar con el. Será problema meu, pero a miña paciencia está esgotándose.

Saúdos.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2010 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Encantada de que tiveras o tempo suficiente para actualizar estas páx#blgtk08#inas. É sempre unha delicia lelas. Graciñas por compartilas e un bico
Comentario por Rosa (25-02-2010 14:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0