Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Torani no Totoro
Hai uns días tamén acabei facendo unha cousa que non tiña prevista en absoluto, pero a vida social ten esas sorpresas.

No Fórum Metropolitano están botando un ciclo de películas de animación infantil xaponesa do gran autor Hayao Miyazaki. Este autor está adquirindo gran fama nos últimos anos grazas a películas moi premiadas (incluso algún Óscar) como "A viaxe de Chihiro" e "A princesa Mononoke".

A que botaban o outro día era unha cinta do ano 1988 titulada "Torani no Totoro" (O meu veciño Totoro). Buf, que derroche de imaxinación!!!! Intentarei contarvos máis ou menos de que ía, pero hai cousas que non son doadas de explicar con palabras.

A cousa vén sendo que un pai e as súas dúas fillas trasládanse a unha nova casa no campo. A nai das nenas está enferma e ingresada nun hospital (aínda que non moi grave, polo que se ve na película) e a nova casa non queda moi lonxe de alí, así que lles facilita as visitas á nai.

A vida desta xente é caralluda (análise dun adulto, claro). O pai é profesor nunha universidade cercana, á que vai traballar en autobus, pero é moi enrollado e as nenas o pasan en grande con el, aínda que elas son moi botadas para diante e pouco medosas, sobre todo a pequena.

Un día esta nena pequena intérnase polo bosque e coñece a un ser máxico e moi peculiar, que é ese Totoro do título. Despois non é capaz de atopalo, e todos pensan que foi un froito da súa imaxinación.

Un día reciben a nova de que a nai empeorou algo da súa doenza e de que non volverá tan axiña como se pensaba. A nena pequena, buscando á súa nai, pérdese, e mobilízase toda a comarca buscándoa. Totoro colabora e a historia remata con final feliz.

Conclusión: tendo en conta, claro, que é unha historia infantil, hai que renderse ante a desbordante imaxinación do autor, que descoloca incluso aos máis escépticos, entre os que podería estar eu.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2010 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0