Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Once máis quince

Hai uns días fun ao Fórum Metropolitano a ver un curioso espectáculo. Chámase "Once máis 15" e é un proxecto de Edicións do Cumio. Deu lugar a un libro-disco pero aquel día aínda non estaba á venta. Coido que custa 15 euros, a ver se podo conseguilo nalgures nos vindeiros tempos.

En que consiste este proxecto? Pois 15 grupos galegos (de xente nova) musicaron poemas de 11 poetas galegos (dalgún poeta saen varias obras, por iso a diferencia numérica).

A lista de poetas é impresionante: Pexegueiro, Cunqueiro, Lopo, Celso Emilio, Salgado, Darío Xohán, grupo Rompente, Pimentel, Curros, Rosalía e Manuel María.

A lista de grupos é unha mostra moi interesante da nova música galega: Zimmer103, Miguel Alonso, Ataque Escampe, Miguel Suárez, Xurxo Mares, Fanny e Alexander, Anxo Rei, Roberto Sobrado e banda, Snail, Meiga do Norte, Julian Ross, David Taboada, Elanor, Fucoxabier e Nao.

No concerto do Fórum só actuaron Miguel Alonso, Xurxo Mares e Elanor, que tocaron tamén parte do seu repertorio.

Moi interesante este proxecto, agardamos que teña moito e exitoso percorrido.

Saúdos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2010 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Ola!!
Moitas grazas por facer referencia a "Once máis 15" e por vir a vernos, fai falla toda a publicidade posible!
Só un apunte!! O disco sí estaba á venda xa o día do concerto (de feito, leva uns meses nas librarías), p#blgtk08#ero por unha cuestión puntual non se puido poñer á venda nese concerto. Así que, quen o quera, seguro que o atopa!!

Graciñas polo apoio!

apertas,

miguel alonso
(Asociación MusicARTE)
Comentario por Miguel Alonso (02-02-2010 11:17)
2 Que privilexio que un dos principais impulsores deste proxecto resposte a este artigo en persoa!!!

Si, todo parece indicar que malinterpretei a ausencia de discos ese día. Como xa me ten pasado algunha vez de asistir ao concerto presentación dun disco e que por culpa da discográfica#blgtk08# (ou outra circunstancia similar) non chegar a tempo (co perxuicio de vendas que significa iso nos tempos de hoxe), supuxen que neste caso fora así.

Pois ben, haberá que poñerse a buscar ese disco, que lle teño moitas ganas.

Saúdos e moitas grazas polo teu comentario.
Comentario por Ignatius J. Reilly (02-02-2010 12:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0