Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tarde de cine
Hoxe, non sei por qué, vinme con ganas, e metinme en casa unha dobre sesión continua de cine clásico en branco e negro. Púxenme a rebuscar nuns DVDs que viñeran hai algúns anos de promoción con algún xornal e atopei dúas alfaias: "O terceiro home" e o "Capitán Kidd".

O TERCEIRO HOME

Casualmente, eu nunca vira esta película. Debín collela naquela promoción porque ouvira falar moi ben dela pero debeu ir quedando esquecida naquel curruncho. Teño a remota lembranza de que alguén, hai moitos anos, me deixou a novela de Graham Greene na que está baseada e, por suposto, a lin, pero non lembraba en absoluto a historia.

Para quen non a coñeza, trata dun escritor americano de novelas baratas (pero con certa fama) que chega á Viena de final da Segunda Guerra Mundial (tamén dividida en catro sectores) chamado por un amigo seu, que lle ofrece un traballo xa que sabe que o escritor está pasando apuros económicos. Nada máis chegar entérase da morte do seu benefactor, pero irá informándose e sabendo que realmente está vivo, pero que é perseguido por todas as policías xa que é traficante de penicilina adulterada que está provocando mortes e outras desgrazas.

Vina en versión orixinal con subtítulos. Os actores moi ben. Case resaltaría a un que é secundario, pero que me sorprendeu moitísimo, Trevor Howard, que facía de xefe dos militares ingleses. Sabía da súa fama de bo actor, pero non sabía en que películas actuara, e pareceume bárbaro.

Déixovos coa famosa escena entre o escritor Holly Martins (Joseph Cotten) e o contrabandista Harry Lime (Orson Welles, que case non aparece na película) na deserta noria do Prater vienés. Como anécdota, lembro algo así como que na novela o escritor chamábase Rolo Martins, pero que na película o cambiaron porque "Rolo" é un nome que no mundo anglosaxón ten certas connotacións homosexuais.




O CAPITÁN KIDD

A outra película non ten nada que ver coa anterior. Trata de piratas ingleses a finais do século XVII.

O protagonista principal é o pirata inglés William Kidd, moi ben interpretado polo gran Charles Laughton. Despois de destrozar un navío real inglés, consegue enganar ao rei (nunca destacaron pola súa intelixencia) para que o nomee como protector doutro importante navío que vai saír da India.

Van reclutando a tripulación dun xeito bastante peculiar (basicamente, todos son piratas) e entre eles vai o fillo do patrón daquel primeiro navío real asaltado. Atópanse con este novo barco cerca de Madagascar (onde facían moitas das súas perrerías) e dun xeito bastante sinxelo e "legal" fanse co principal do seu tesoro (un impresionante cofre mogol), o embaixador inglés ante o Gran Mogol, a súa fermosa filla (pero tonta ata dicir basta) e aínda por riba fan estallar o polvorín do outro barco.

Despois de moitas aventuras chegan a Londres, sen saber que aquel fillo de patrón (interpretado por Randolph Scott, pareceume que non tiña moita expresión na cara) e a filla de embaixador, que crían mortos, xa informaran ao rei da verdadeira calaña do Capitán Kidd. Finalmente é colgado polas súas fazañas.

Atopei en Internet a película enteira, pero está en inglés con subtítulos en castelán. Como comentario, poderíamos dicir que queda moi clara a distinción entre piratas e xente con pouca educación, por unha banda; e xente noble e real e de educación exquisita (Kidd contrata a un axuda de cámara para intentar finxir o que non é). E un xa non ten claro cal desas dúas castas é peor.

Podedes vela premendo aquí
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2010 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0