Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Todos os nomes
Acabo de ler outra novela máis neste produtivo Nadal, aínda que neste caso debería dicir "romance", xa que é o nome que reciben as novelas en portugués, e tiven a fortuna de poder lela directamente na versión orixinal portuguesa. É de José Saramago e titúlase "Todos os nomes", penso que é unha das obras máis coñecidas del.

Xa é a segunda novela que leo del, antes fora "O home duplicado", pero aquela lina en castelán.

Non me desagrada nada o estilo, aínda que ás veces as súas historias dan uns xiros un tanto estraños. Por exemplo, o final desta non está mal, pero tampouco me gustou demasiado, anunciaba máis.

Gústame moito a forma de puntuación que ten e o xeito obsesivo de explorar todas as ideas que hai na cabeza do narrador, e o método exhaustivo de expresar todas as posibles variantes nunha determinada situación puntual. Pero faise duro, e se non lle colles ben o truco ao principio pode resultar pesada a lectura, xa que as frases son moi elaboradas e semellan non rematar nunca. Eu non me sinto especialmente dotado para esas complexas estruturas sintácticas, así que supoño que o éxito residirá na moi boa man e prosa fluída do autor, digo eu.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-01-2010 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0