Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ray Harryhausen, creador de monstros
Fun o outro día ver unha magnífica exposición que xa levaba varios meses na cidade da Coruña e que remata dentro de moi pouco tempo. Titúlase "Ray Harryhausen, creador de monstros" e está na Fundación Luís Seoane.

A exposición amosa debuxos, esquemas e maquetas que utilizou para as películas de animación nas que participou, e ademais había varios lugares onde proxectaban fragmentos das súas películas ou incluso unha entrevista que lle fixo o director John Landis.

Non está de máis lembrar as marabillosas instalacións da Fundación Luís Seoane, e que ademais habitualmente hai moi pouca xente. Con esta e con outra exposición sobre debuxos animados que houbo hai poucos meses, eu pasei horas moi agradables neste espazo.

Para os que non o saiban, Ray Harryhausen non era o director destas películas senón simplemente o encargado da animación. Xa nos anos 30 facía maquetas articuladas que rodaba utilizando técnicas como as da animación: é dicir, colocaba a figura nunha posición, fotografaba, movíaa lixeiramente, foto, etc. Normalmente o director desas películas era Charles Schneer.

Déixovos cun video que atopei en Youtube cunha boa selección de escenas de diferentes películas nas que aparecían as súas maquetas animadas.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-01-2010 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0