Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O contador de historias (The hakawati)
Hoxe acabei de ler outra voluminosa novela coa que me puxen estes días. Teño que aproveitar estas etapas de vacacións máis longas para afrontar estes retos máis duradeiros.

Trátase da novela "O contador de historias" (en libanés se lles chama hakawatis a estes persoeiros tan importantes no mundo árabe) do escritor libanés Rabih Alameddine. Por se alguén lle interesa, na edición do Círculo de Lectores que eu usei pasa ben das 600 páxinas.

Estraña novela. Recoñezo que me acheguei a ela porque a tradición de contadores de historias dos árabes é moi longa e coñecida. Basicamente mesturábanse tres grandes historias:

- A da propia familia do autor, senón é autobiográfico non lle ha de faltar moito seguramente. Segundo consta alí, fixéronse ricos na segunda metade do s. XX cuns concesionarios de coches en Beirut, despois foron estendéndose a máis países. Conta as orixes da familia dende finais do s. XIX, eran exiliados armenios en Turquía que escaparon de alí (lembrade a famosa matanza de 1915) e chegaron ao Líbano. O narrador é un programador informático que vive en Los Ángeles dunha idade parecida á que ten o autor, e que só visita o Líbano ocasionalmente.

- Sae moi magnificada, supostamente, a historia dun guerreiro árabe do século XIII, chamado Baybars, que é un clásico das historias árabes, polo visto.

- E tamén sae unha historia supostamente nova sobre un emir que tiña moitas fillas femias pero que quería ter un fillo varón e entón pídelle consello a unha fermosa escrava súa, e debido a iso aparecen demos, seres do inframundo, etc. Esta debe ser a conexión máis clara con "As Mil e Unha Noites", magna obra que aínda non lin pero da que me teñen contado cousas como as que se ven na parte do libro que trata desta historia. O autor recoñécea como a obra máis importante que lle influíu para escribir este libro.

Non sei que dicirvos. Non está mal, pero a continua mestura das tres historias (e xuraría que me estou esquecendo algunha máis pequena que xurde de cando en vez) faille perder algo de vigor. Ademais, que queredes que vos diga, pero a historia do Líbano actual non ten o encanto das outras dúas, éche o que hai. Así que rematei cun certo sabor agredoce. Xa teño comentado moitas veces o meu gusto polas historias doutra época e de lugares exóticos (romanticismo do século XIX). Non é imposible que me guste unha novela ambientada na actualidade, pero ten que ter máis continuidade e contar unha historia máis redonda.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-01-2010 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0