Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornadas de Normalización Lingüística
Este é o primeiro artigo dunha sección "secundaria" deste blog titulada "Os Devotos de Santa Clara".

Cóntovos. Formo parte dun grupo de profesores de colexios relixiosos de Galicia que traballamos -con bastante entusiasmo- no eido da Normalización Lingüística. O grupo de persoas que coordinamos ese numeroso plantel reunímonos cada certo tempo na sede da organización que nos acolle, no Convento de Santa Clara, na rúa Santa Clara, en Compostela. Espero que iso explique o nome, aínda que retranca non lle falta.

Cando fagamos algunha actividade interesante avisaremos aquí, por se acaso. E podería ser o caso de facelo por primeira vez.

O venres 12 de xaneiro de 2007 celebramos as nosas II Xornadas de Normalización Lingüística. Serán no Gran Hotel Santiago (estrada de Noia, pero dentro da cidade, á altura do campus Sur). Comezarán ás 10 da mañá e rematarán sobre as 6 da tarde.

Pola mañá, as intervencións serán as seguintes:
- Dna. Marisol López, Secretaria Xeral de Política Lingüística
- D. Raúl Piñeiro, que falará sobre "O galego e os inmigrantes"
- D. Xesús Ferro Ruibal, que falará sobre "O galego na Igrexa"

Pola tarde haberá:
- Intercambio de experiencias, sairá xente dos nosos centros a contar proxectos xa en marcha como "Cartas de amor en galego", "Contos cooperativos", "Xornalismo dixital" e "Xogos populares".
- Posta en marcha de grupos de traballo sobre temas diversos como: científicos galegos, músicos galegos, filósofos galegos, parques naturais...

Penso que o pasaremos ben, aprenderemos moito, sairemos con moitas ganas de traballar e facer cousas (importante nesta época do ano que resulta algo dura) e coñeceremos xente interesante.

Saúdos. Os Devotos de Santa Clara.
Comentarios (2) - Categoría: Os Devotos de Santa Clara - Publicado o 07-01-2007 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A entrada é libre ou hai qu#blgtk08#e se anotar antes?
Comentario por A do Picho (07-01-2007 11:18)
2 Que queres que che diga. En principio, o tema está pensado para os profesores dos nosos colexios relixiosos. Se lles vai entregar un material e todo iso.

En todo caso, se queres asistir non hai maior problema -non creo que teñamos problemas de espacio-. Creo que pode ser interesante para todo o mundo. Hai inscrición pero é para p#blgtk08#ersoal dos colexios e todo iso.

Enténdeme. Nós encantados de que vaia outra xente e vexa o que estamos facendo, que creo que está moi ben. Ou sexa que, por nós, podes ir pero simplemente podes asistir ás ponencias, que xa non está nada mal.

Esperamos verte por alí.

Saúdos. Os Devotos de Santa Clara.
Comentario por Ignatius J. Reilly (07-01-2007 11:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0