Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nobelity
Onte fun á FNAC da Coruña a ver un documental que me causou certa curiosidade ao ouvir falar del. Trátase de "Nobelity", que consiste nunha serie de entrevistas levadas a cabo por un tal Turk Pipkin (recoñezo que é a primeira vez que me cruzo con este señor) a nove premios Nobel en diferentes disciplinas, dende Química e Economía ata da Paz.

Deixoume unha sensación un tanto estraña. Obviamente, a intención é moi boa. Lémbrame algo ao programa "Redes" de Eduardo Punset, o único da TV actual que aínda vexo, aínda que o tema científico só se toca en parte. Nótase que moitos dos entrevistados son mentes privilexiadas que poden axudar moito coas súas avanzadas ideas á mellora deste mundo.

O eixe principal viña sendo que lles preguntaba que perspectivas veían para o planeta nos vindeiros 50 anos. E algunha cousa interesante díxose, pero nalgúns casos, sobre todo ao final da cinta caía en actitudes que me pareceron cando menos infantiles.

O último que aparecía era Desmond Tutu. Cando dixo que toda a humanidade era unha familia, e que se a calquera que quería facer algo malo llo dicías podería arrepentirse porque non lle ía facer mal a un familiar, a min xa me pareceu excesivamente patético. O autor da cinta decorando unha nova casa (ou iso parecía) colgando mapamundis das paredes, poñendo nas paredes fotos dos entrevistados cunha palabra que resumira as súas ideas, e escribindo cun rotulador nas fiestras esas palabras. Para min foi demasiado. Xa me lembraba aos murais con debuxos e frases que tanto vexo no meu traballo docente. Esas técnicas e estratexias valerán para motivar aos rapaces, pero suponse que esto era algo máis serio e de maior profundidade.

Por se alguén quere investigar, os nove premios Nobel entrevistados foron Steven Weinberg, Rick Smalley, Harold Varmus, Jody Williams, Wangari Maathai, Desmond Tutu, Ahmed Zewail, Joseph Rotblat e Amartya Sen.

Déixovos cun trailer que atopei en Youtube.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2009 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0