Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xa volvemos de Soria e Guadalajara

Debido ás numerosas peticións que se fixeron, sobre todo as de Pedro A. Ramos García, que onte a altas horas da madrugada me ESIXIU que publicase a crónica da nosa viaxe a Soria e Guadalajara, haberá que poñerse co tema.

Obviamente, sen contar as viaxes de ida e volta e unha pequena incursión en Alcalá de Henares para visitar a amigos e familiares, dedicamos uns cinco días e medio para ver a provincia de Soria e uns tres días e medio á de Guadalajara. Como conclusión xeral eu diría que me gustou bastante máis Soria (lembrade que ese é un prexuízo que nós tiñamos e pode que boa parte do público tamén).

Que poderíamos destacar de Soria??
- Poderíamos comezar coas marabillas naturais, nas que fixemos tres fenomenais rutas de sendeirismo: o canón do Río Lobos, a subida ao Moncayo e a subida aos picos de Urbión e o nacemento do Douro, saíndo da célebre Lagoa Negra. Como fomos de chulitos, non botamos crema bronceadora e as fixemos practicamente seguidas, ao rematar a última eu sobre todo parecía unha típica gamba de Portsmouth das que se pasea polas praias turísticas do noso país. Xe me pelou o nariz varias veces dende aquela.
- En canto a vilas, Soria é moi chula, tamén están ben Burgo de Osma, Almazán, Ágreda (algo menos), San Esteban de Gormaz e moitas outro máis pequenas polas que fomos pasando. Pero eu destacaría sobre todo Medinaceli.
- A configuración de Medinaceli é ben curiosa. A zona vella está nun outeiro. A zona nova está a uns 3 quilómetros, xusto a carón da A-2. Pois na zona vella sénteste mesmo na Idade Media, que marabilla!!!

Que poderíamos contar de Guadalajara??
Pois menos que de Soria, porque estivemos menos e porque o que vimos tampouco nos chamou tanto a atención.
De atractivos naturais destacaría o Parque Natural do Alto Tajo, que dá lugar a algunhas paisaxes e panorámicas espectaculares, e a zona montañosa do noroeste da provincia, onde están os peculiares pobos negros (casas feitas con pedras moi escuras), parentes dos pobos negros e vermellos do nordeste da provincia de Segovia, limítrofe con Guadalajara.
En canto a vilas, pois tampouco hai cousas moi espectaculares, agás Sigüenza, que é, con diferenza, a vila máis bonita da provincia. Poderíamos destacar algunhas vilas como Atienza, Molina de Aragón, Trillo, e algunha outra que seguro que estou esquecendo.
De Molina de Aragón lembro que lemos nalgún sitio que presume de ser a cidade máis fría de España. Alí preguntámoslle ás guías do seu fenomenal castelo para ver o que podía haber de cerca. Dixeron que este último ano chegaron varias veces a -15º e -16º, que os -20º non son excesivamente raros, e unha delas dicía ter visto -28º hai algúns anos.

Déixovos cunha das fotos máis espectaculares e definitorias da nosa viaxe. É a ermita de San Bartolomé, unha construcción templaria do século XII que está no medio do impresionante canón do río Lobos. É unha ruta de sendeirismo moi sinxela, con case nula pendente, nós fixemos un tramo de 11+11=22 quilómetros. Esta ermita está a pouco máis de 2 quilómetros do aparcadoiro onde se deixa o coche, así que é asequible para todo o mundo.

Saúdos. Viaxes O Lóstregho.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-09-2009 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0