Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festas da Lingua

Últimamente participei ou asistín a varios eventos chamados Festa da Lingua.

No primeiro deles, organizado polos equipos de normalización lingüística dos colexios relixiosos, boto unha man na súa celebración, e este ano foi a entrega de galardóns da V Edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento, que xa comeza a coller certo nome.

Os ganadores foron:
PRIMEIRA CATEGORÍA (1º e 2º de primaria)
RIVADULLA CORCÓN O sorriso de Claudia. Sotelo Blanco
SEGUNDA CATEGORÍA (3º a 5º de primaria)
CASALDERREY, Fina. A lagoa das nenas mudas.Xerais
TERCEIRA CATEGORÍA (6º a 2º de ESO)
CASTRO, Francisco. O ceo dos afogados. Xerais
CUARTA CATEGORÍA (3º de ESO a Bacharelato)
FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN.O único que queda é o amor. Xerais

A entrega destes foi en Vilagarcía o 30 de abril.
Na quinta categoría, para lectores adultos, ganou Marina Mayoral con "Case perfecto" e entregouse nos Salesianos de Ourense o 29 de maio.

A mediados de maio asistín na Coruña a outra gala que tamén recibe o mesmo nome dende o ano pasado, é organizada polo Concello pero non se parece en nada á anterior. Consta normalmente dunha actuación de humor e dunha musical. Neste caso foron José Touriñán (unha das pandereteiras de Ardebullo, non sei se é Mucha ou Nucha) e despois o grupo Malvela.

Que o galego siga sendo unha festa. Saúdos.
Comentarios (2) - Categoría: Os Devotos de Santa Clara - Publicado o 08-07-2009 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Sr. Catoira Travels,
Teño e debo corrixirlle unha parte da información dada que non é de todo exacta. Tanto a I como a II Festa da Lingua foi organizada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Con#blgtk08#cello da Coruña, esta tradúcese na cesión do Teatro Rosalía porque o Teatro Colón nesas datas está ocupado co Festival Mozart.
Co resto das entradas do blog concordo plenamente, eh?
Bicos
Comentario por Doris Dei (09-07-2009 09:06)
2 Ola Doris!!!

Se ti dis que o fai a Deputación, non teño nada que obxectar. Mellor ca ti non o pode sabe#blgtk08#r ninguén.

Alédome que concordes co resto das amenísimas entradas deste blogue.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (10-07-2009 11:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0