Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

100 posters para un século
Neste esprint final do verán de 2007 fun hoxe ver unha exposición á que lle tiña ganas dende hai tempo. Pero con iso de que me queda cerca e de que ía estar dous meses, funme demorando.

Titúlase "100 posters para un século" e está na sede da Fundación Barrié da Coruña, aínda que xa estivera antes na de Vigo.

Consiste nunha escueta selección entre os máis de 330.000 exemplares de carteis que existen no Museum für Gestaltung Zürich (Museo de Deseño de Zúrich).

A verdade é que a maioría son alucinantes, incrible ver como un deseñador foi capaz de transmitir tanto en tan pouco espazo, e de atopar metáforas visuais tan impactantes. Como exemplo, poño este da revolución rusa promulgando a igualdade entre todos os seres humanos.

Saúdos.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2007 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A min pasoume igual, como estou aí ao lado, como estou #blgtk08#aí ao lado... a pouco máis pérdoa cando estivo en Vigo.
Comentario por náufrago (31-08-2007 08:19)
2 Si, ás veces hai excesiva oferta ou polo menos excesivo "ruído" que distrae do verdadeiramente importante.

Non sei en Vigo, pero na Coruña a Fundación Barrié está nos mesmos Cantóns, e esa zona, durante case mes e medio, é un fervedeiro de xente que non vexas. Leva case todo ese tempo aí e aínda que oíra falar da exposición e tiña moi boa pinta, cando chega#blgtk08#bas alí mirabas a todas partes, menos aos edificios que están sempre, claro, que xa sabes que non van marchar.

Xusto no edificio ao seu carón está a nova e espectacular Fundación Caixa Galicia coa súa fenomenal exposición sobre "O Señor dos Aneis". Moita oferta de Deus.....

Saúdos e forza ante a nova "singradura" que comeza o luns, Náufrago.
Comentario por Ignatius J. Reilly (31-08-2007 11:07)
3 Daquela,que a forza ch#blgtk08#e acompañe a ti tamén.
Comentario por náufrago (31-08-2007 12:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0