Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Literaria varia
Neste final do verán de 2007 estou que me saio. Estou descansando como Dios manda e estou dedicándome a un dos meus vicios favoritos: ler. Pena que xa vai durar pouco isto.

Nestes últimos días caeron outros dous. Breves pero que tiñan algo que contar. Sigo avanzando, ós poucos, naquela famosa Biblioteca 120 que sacou A Voz de Galicia no ano 2002 precisamente celebrando os seus 120 anos de vida. Vounos lendo cronolóxicamente e con estes xa levo 62, pasei da mitade. Obviamente, nestes cinco anos lin moitas máis cousas que non están nesa colección, pero tempo non teño demasiado.

Pois, como dicía, estes días caeron dous máis: "O sol na crista do galo" de Manuel Lueiro Rey, e "Náufragos en terra" de Xosé Manuel Martínez Oca (na foto, non moi actual, por certo).
O primeiro son uns contos ambientados principalmente na guerra civil. E o segundo son seis historias sobre amores e parellas que non funcionan demasiado ben.

Obviamente, estas obras non cambiarán a historia da literatura pero claramente estamos ante dous narradores ben hábiles, dos que saben contar unha historia. Seguramente con máis criterio e recursos que moitos deses que venden milleiros de exemplares e que non son máis que uns "xuntaletras", tan abundantes hoxe.

Saúdos.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2007 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Pois aproveita esta fin de semana a ler todo o que tes pendente que o l#blgtk08#uns toca volver ao chollo, non?
Ah! e non te deprimas en exceso.
Comentario por Doris Dei (31-08-2007 09:17)
2 Neso estou, hai que aproveitar agora. Mira ti por onde, espero que caian varios, pero seguramente o primeiro da lista vai ser "Non quero ser Doris Day" de Inma López Silva.

En canto á depresión, non creo que haxa perigo. Xa non estou nesa época da vida on#blgtk08#de "mola" volver ao traballo, pero tampouco o levo tan mal. Son unha persoa activa e vaime a marcha. Que lle imos facer!!!

Saúdos e grazas por participar, Doris Dei. Xa ves que este non é un blog moi transitado, pero eso tampouco me deprime o máis mínimo.
Comentario por Ignatius J. Reilly (31-08-2007 11:02)
3 Eu xa o lin e non me entusiasmou en exceso, pero para gustos... a ver que opinas ti...
Por que Ignati#blgtk08#us Reilly?, vaia personaxe!. Algunha semellanza? Que conste que " La conjura de los necios" paréceme xenial!
Comentario por Doris Dei (31-08-2007 12:26)
4 Dentro duns días dígoche o que me pareceu (espero poder cumprir este desexo).

Quero pensar que non teño ningunhas (ou poucas) semellanzas con Ignatius J. Reilly. O que pasa é que estando a novela moi ben (creo que perde forza a medida que avanza a historia) o que me parece xenial a min é ese personaxe. Non quere dicir que me identifique, só que me parece alucinante a imaxinac#blgtk08#ión que hai que ter para crear alguén así, aínda que non me estrañaría que o autor se baseara na realidade.

De feito, hai uns anos, Sarabela Teatro, un grupo que naquela época estaba en estado de graza (agora non tanto, segundo a miña opinión) fixo unha versión teatral desa obra e resultaba algo frouxa, pero a personaxe de Ignatius era moi moi atraente.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (31-08-2007 12:39)
5 Ja, ja, ja (polo do parecido).
#blgtk08#> Concordo coa análise totalmente.
Comentario por Doris Dei (31-08-2007 12:46)
6 Por certo, sabías que o autor, John Kennedy, suicidouse porque non a conseguía publicar#blgtk08#, que o fixo no seu lugar a súa nai, e que foi un grande éxito?
Que cousas, non?
Comentario por Doris Dei (31-08-2007 12:49)
7 Parece que a elección do meu pseudónimo foi acertada, mira que dá de sí.

Si, sabía o do seu suicidio e que foi a súa nai a que seguiu na teima de publicalo. Tamén teño ouvido que se publicou a seguinte obra que estaba facendo, pero que estaba #blgtk08#sen rematar. Se non me engana a memoria, chamábase "A biblia de neón". Pero non cheguei a lela. Que queres que che diga!!! A única persoa que coñecín que a lera tampouco lle entusiasmaba. Debe formar xa parte do mito do escritor morto.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (31-08-2007 13:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0