Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A medición do mundo: Humboldt vs. Gauss |
|
Esta última fin de semana puiden dedicar unhas horas a un dos meus grandes vicios: ler. Por desgraza xa non teño demasiado tempo para facelo.
E púxenme cunha novela á que lle tiña ganas dende había algún tempo. Chámase "A medición do mundo" e o autor é o alemán Daniel Kehlmann. Foi un dos éxitos de vendas no seu país no ano 2006.
É unha biografía algo novelada e en paralelo de dous dos maiores científicos alemáns da Historia: Alexander von Humboldt e Carl Friedrich Gauss. Facendo fincapé en que buscaban o mesmo (medir o mundo) pero de xeitos moi opostos: Humboldt viaxaba sen parar e medía "fisicamente" todo o medible e Gauss non se movía da súa casa, odiaba viaxar e deducíao todo coa forza do seu intelecto.
En todo caso, a novela é moi asequible, non representa dificultade de comprensión para ninguén, coido.
Saúdos.
|
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Vaites! Pisáchesme o comentario, meu! ;-)
Curiosamente eu rematei esta novela hai un par de días e gustóume bastante. Un soplo de aire europe#blgtk08#u e fresco no eido da novela histórica, proída de paridas templarias, códigos delirantes e sectas absurdas descendentes en liña recta de profetas raídos. |
|
|
Comentario por cansendono (19-06-2007 23:09) |
|
|
2 |
Si, ademais sempre é moi necesario fomentar a divulgación científica, #blgtk08#unha das miñas teimas nos últimos anos.
Saúdos.
|
|
|
Comentario por Ignatius J. Reilly (20-06-2007 15:57) |
|
|
3 |
Tomo boa nota, está na miñ#blgtk08#a lista de libros para ler |
|
|
Comentario por Xancín (25-06-2007 20:21) |
|
|
4 |
Por certo, importante para algunha xente como Xancin, a novela xa está en galego, ata xuraría que se traduciu antes #blgtk08#a galego que a castelán.
Se non me engana a memoria, editouna Galaxia.
Saúdos.
|
|
|
Comentario por Ignatius J. Reilly (25-06-2007 23:35) |
|
|
5 |
O meu prioritario plan para as vacac#blgtk08#ións é ler: xa sei por onde comezar. |
|
|
Comentario por náufrago (29-06-2007 06:39) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|