Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tango
Tamén estes días -que estresantes- asistín a un tipo de música que non chama demasiado a miña atención: tango.

Un trío formado por un violinista arxentino (fillo de ucraíno e galega), un bandoneonista arxentino (que saibamos non é máis internacional que iso) e unha pianista rusa (ou será ucraína??) chamado Buenos Aires Cuatro tocou no Fórum Metropolitano da Coruña.

Non é que me cambiara a vida pero a experiencia foi ben interesante. Poño un vídeo da última peza que tocaron o outro día ("Adios Nonino"), aínda que o concerto que se ve foi en Santiago.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.


www.Tu.tv
Comentarios (2) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 18-06-2007 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 haberá, digo eu, peza mais fermosa e melancólica#blgtk08# que este Adios nonino? É dos meus favoritos...
Comentario por torredebabel (20-06-2007 01:46)
2 Contesto simplemente por saúdar a un/unha novo/a visitante.

Como xa dixen, non me entusiasma o tango. E si, esta foi a última#blgtk08# peza do concerto que eu vin, pero a min gustoume máis a peza que tocaron no "bis". Incluso me soaba e todo.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (20-06-2007 15:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0