Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Kepa Junkera na Coruña
Non sabedes o que vos perdestes. Os que xa o coñecedes, si o saberedes, e os demais deberíades saber que este bilbaíno é un dos maiores virtuosos do mundo do acordeón diatónico (en éuscaro, trikitixa).

Se ao ler a palabra "acordeón" pensastes automáticamente en María Jesús e "El Baile de los Pajaritos" nin o intentedes: estades totalmente imposibilitados intelectualmente para aprezar o virtuosismo desta máquina e correríades risco de sufrir un derrame cerebral nun dos seus concertos.

Impresionante espectáculo. Aínda que claro, eu non son obxectivo. Eu son un dos seus fanáticos.

Incrible un grupo de seis músicos no que a mitade da xente toca a percusión. A batería normal da música moderna non sorprende. Pero os dous xenios que tocan a txalaparta (conxunto de tablóns e pedras golpeados perpendicularmente con cilindros de madeira) son para flipar.

Se tedes un mínimo de interese xa sabedes: ides a Youtube e poñedes "Kepa Junkera". Xa hai bastantes videoclips e fragmentos de concertos. Que o disfrutedes.



Saúdos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2007 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Eu entereime tarde do seu concerto! :/

Agardo que sexa verdade o rumor de que vai ir ó Mundo Celta#blgtk08# de Ortigueira, unha grandísima ocasión pra ver de unha vez máis ó mestre da trikitixa en acción e en directo :)
Comentario por Suso (26-05-2007 20:03)
2 Ah, pois non o sei, pero antes de comezar un colega comentoume iso mesmo. Ou sexa, que debe ser que efectivamente vai.

Xa no Teatro Colón, que non inv#blgtk08#ita moito a bailar, nas últimas cancións parte do público estaba bailando na zona de butacas, non quero pensar o que será se hai espazo libre.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (26-05-2007 21:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0