Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Cairo confidencial
A verdade é que non lembro se algunha vez vin unha película ?exipcia? (porque esta é de tema exipcio, pero a produción é europea). Pero vin que a botaban, e animeime. O título orixinal traducido sería ?O incidente do Nile Hilton?, pero semella que facer un título que evocara a aquela famosa ?L.A. Confidential? podía ser unha boa idea de marketing (parece que comigo funcionou). Pasei un rato ben agradable véndoa, por múltiples razóns que irei expoñendo agora.

Podemos falar algo da produción e outras historias colaterais. O director é Tarik Saleh e o protagonista principal é o actor Fares Fares (curioso nome, non se pode negar). Os dous son suecos agora, pero de orixe exipcio o director e libanés o actor. A produción da película é sueca, danesa, alemá e francesa, e houbo que rodala en Marrocos. A película é de 2017 e está ambientada na revolución exipcia de 2011. O director quéixase de que a película segue sen poder proxectarse en Exipto, pero non sei de que se estraña.

Todo xira en torno a un policía dunha das comisarías d?O Cairo, Noureddin, corrupto como todos os seus compañeiros e superiores. Asígnanlle un caso no que aparece asasinada no hotel Nile Hilton unha famosa cantante. Xa dende o comezo, semella que queren pechar o caso, porque debe estar implicado alguén importante, como así é, dicindo que foi un suicidio. Incluso para un corrupto para el, que non quere máis líos dos necesarios, esa solución é un disparate, e comeza a investigar. Chégalles o rumor de que a única persoa que puido ver algo foi unha limpadora sudanesa, pero o hotel tampouco lle dá moita información sobre ela, non queren que se saiba moito sobre o tema, tamén queren pechalo axiña.

El vai descubrindo cousas, como unhas fotos nas que se ve nu xunto á cantante asasinada a un importante deputado, amigo do daquela presidente Mubarak. Vai falar con el, que se amosa moi desgustado coa visita, porque non esperaba que a alguén da súa clase social lle molestasen con esas minucias. E Seguridade Nacional comeza a investigar ao policía que se está poñendo tan pesadiño cun tema secundario. Precisamente á Seguridade Nacional pertence o tipo que matou á cantante e que mata a varias persoas máis durante o caso.

Outro foco moi interesante é o dos sudaneses, que polo visto viven nun barrio concreto da populosa cidade de O Cairo. A limpadora, que vive alí, ocúltase ao saber que pretenden matala, pero por un erro, matan a unha amiga súa pensando que era ela. Hai tumultos no barrio por esa morte, e ela aproveita para ir á comisaría deste policía e confesar que é testemuña do asasinato daquela cantante, e que aínda está viva. O mellor amigo e compañeiro do policía sácaa do calabozo, porque ve que outros policías xa pretendían matala, e lévaa xunto a Noureddin, que a afasta da cidade.

O final da película é bastante desesperanzador (dende o punto de vista dun exipcio, claro). O policía deixa libre á sudanesa nun campo, que semella o limiar dun deserto, dálle cartos, e dille que fuxa do país, porque non é para ela. Despois Noureddin xúntase co xefe de policía, que é o seu tío, e alí están recibindo os cartos do suborno do deputado, que parecen non ser poucos, e queimando todas as probas que quedaban do caso. Volven á cidade, onde xusto acaba de comezar a revolución da Praza Tahrir (esta foi real). O sobriño pretende matar ao tío na manifestación, e o xefe de policía comeza a berrar ?non me deteña, axente?, e iso provoca que os manifestantes comecen a agredir a Noureddin e salvan ao xefe de policía corrupto.

A verdade, non sei que esperaba o director. Non me soa que Exipto nin ningún outro país da zona avanzara demasiado en hábitos democráticos dende as revolucións árabes. Así que proxectar unha película como esta alí só podía prender de novo a mecha do polvorín. Polo visto, o guión da película é unha versión libre do asasinato dunha cantante libanesa que sucedeu hai uns anos.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2020 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0