Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Braveheart
Este é outro caso de película moi coñecida que aínda non vira completa, e aproveitei que a botaban na televisión. Foi dirixida e protagonizada en 1995 por Mel Gibson, e como pasa case sempre que toca algo este actor australiano que é fanático relixioso e ultra dereitoso, o nivel de violencia da película é moi elevado. Certo é que todas as que contan historias ambientadas na Idade Media e nas Illas Británicas son bastante brutais, pero creo que era algo moi estendido na época.

Conta a historia de William Wallace, un nobre escocés que loitou pola independencia do seu país a finais do século XIII e comezos do século XIV, contra a tiranía do rei inglés Eduardo I. Parece que con certas diferenzas, non moi importantes, o guión é razonablemente fiel á historia real. Despois de que os ingleses maten ao seu pai e irmáns cando el é moi neno, e de que maten tamén á súa muller, el, que aparentemente intentaba levar unha vida tranquila sen meterse en líos, convértese no líder da insurrección contra os ingleses.

O seu principal atranco é o rei inglés Eduardo I, coñecido como ?Longshanks?, que na película é pintado como moi sinistro, que seguro que o sería bastante, pero a visión é bastante maniquea. Por se non chegara con iso, o seu fillo, Eduardo II, é moi pusilánime, aparte de afeminado (esa sensación se respira continuamente na película), porque está casado cunha coa filla do rei de Francia (protagonizada por Sophie Marceau) da que pasa ampliamente para atender aos seus asistentes, que tamén semellan ser afeminados coma el. Aparte diso, semella bastante inútil.

De feito, a princesa de Gales de orixe francés está fascinada pola figura de William Wallace, e na película incluso hai tensión sexual entre eles, cousa que dubido bastante que pasara na vida real. E en varias ocasións revélalle datos para escapar de emboscadas tendidas polo rei inglés.

En definitiva, un ultra-violento australiano seguramente algo supremacista ponse na pel dos independentistas escoceses da Idade Media, criticando a despiadada maldade dos imperialistas ingleses. Pois si, como espectáculo visual está moi ben, pero hai que recoñecer que soa algo raro, por momentos.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2020 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0