Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Conan o bárbaro
Pois vos parecerá incrible, pero ata onte non vira esta película completa, senón só fragmentos soltos. Foi dirixida en 1982 por John Milius e protagonizada por Arnold Schwarzenegger, non foi a súa primeira película, pero si a que o converteu nunha estrela.

Supostamente está baseada en cómics dos anos 30 de Robert E. Howard, aínda que parece que esta película se saíu bastante desas historias, e por iso, como sempre, os puristas estaban bastante cabreados. O que non sabía é que o sub-xénero deste tipo de historias é coñecido como ?espada e bruxería?, que deriva da ?fantasía épica?, ambientado en civilizacións antigas con algunhas reminiscencias da Idade Media.

Relacionado en parte con iso, pode facerse algún comentario sobre a banda sonora. En primeiro lugar, nalgún momento, escoitei algunha melodía típica da Idade Media europea, que xa lle escoitei a algúns grupos galegos de música folk hai moitos anos. Por outra banda, unha das pezas que máis se escoita en momentos importantes da película, é moi parecida á melodía de inicio de ?Desafío total?, tamén protagonizada por Arnold, e que escoitamos moitas veces ao comezo dos partidos televisados en España polo Canal +. Porén, a banda sonora de ?Conan? é de Basil Poledouris e a da outra é de Jerry Goldsmith, pero vaia, eu notei moito parecido.

A historia é ben simple. Nun mundo tan terrible, violento e despiadado como o que ilustran estas películas e cómics, un tal Thulsa Doom (protagonizado por James Earl Jones), que lidera unha secta que adora ás serpes, mata á familia de Conan (protagonizado por un novísimo Jorge Sanz cando é neno), e el queda traumatizado pola imaxe e coas ganas de venganza. O resto da película trata do proceso do seu crecemento, maduración e por fin búsqueda da venganza, que obviamente acaba conseguindo, como non podía ser doutro xeito.

Se a Arnold xa lle gusta a violencia de por sí (aínda que tamén fixo outras cousas, a súa chegada ao cine tivo que ver basicamente cos seus músculos, non por outra cousa), parece que ao director John Milius tampouco lle desagrada. Se a iso lle engadimos o tipo de tramas e sociedades que reflexan as historias deste sub-xénero, podedes intuir que a sobredose de violencia é considerable.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2020 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0