Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O mel non caduca
Ibuprofeno Teatro é, na miña opinión, unha das mellores compañías galegas na actualidade. Se non me equivoco, os seus responsables son Santiago Cortegoso, que escribe e dirixe, pero case nunca actúa, e Marián Bañobre, que sempre actúa e algunhas veces bota unha man nalgún dos outros labores.

Nesta ocasión a obra que teñen en xira é ?O mel non caduca?, escrita por Santiago, e na que actúan Marián e Avelino González, home todo terreo do teatro galego pero que tampouco fai de actor en tantas ocasións, aínda que o fai sempre moi ben.

As obras desta compañía sempre teñen un fondo pouso ideolóxico esquerdista e progresista co que, obviamente, estou moi de acordo. Nesta ocasión non o é menos, apostando pola defensa do medio ambiente e intentado pisar outros terreos con analoxías e metáforas.

Os personaxes interpretados por Marián e Avelino son irmáns e xúntanse de novo, porque non semellan facelo con moita frecuencia, despois da morte da súa nai. O seu pai xa morrera moitos anos antes, e a nai vivía soa na aldea, á que eles ían moi pouco, aínda que agora añoran a súa infancia e maldin o seu afastamento da natureza e a vida na cidade. Como anécdota, que pode explicar o título da obra, a irmá cóntalle ao seu irmán, que chegou unhas horas máis tarde, ao saber a triste noticia, de que a súa nai pasou tres semanas morta na cociña antes de que ninguén se decatara, e de que tiña unha colmea de abellas na cociña, detalle que lles estrañou bastante.

Esa historia cóntase nalgúns momentos da obra, noutros faise un alegato a favor da natureza e do medio ambiente, como xa dixemos, e noutros, xusto ao comezo e ao final, saen disfrazados de apicultores que viven nun mundo futuro aparentemente insalubre, e están intentando atopar un especimen ou o ADN dunha antiga abella, especie desaparecida hai tempo e que saben que era esencial para o mantemento dos ecosistemas naturais, que están intentando restaurar.

E debemos rematar cun comentario sobre o teatro pos-COVID. O confinamento comezou o 14-marzo, e aínda que tivera outras oportunidades, que non aproveitei, era a primeira vez que ía ao teatro despois desa época, así que xa levaba máis de seis meses de abstinencia. Estivo ben reencontrarse de novo no patio de butacas do Fórum Metropolitano. Pero me chamou a atención a distancia social, por escasa. A entrada era lenta e en ringleira, con xel hidroalcólico e cubrindo un formulario para facilitar o rastrexo se aparece algún caso, e cando entrabas, en función do número de persoas do grupo, asignábanche un lugar. O caso é que eu esperaba algo máis de espacio interpersoal, ringleiras libres, ou algo así, e algo diso había, pero menos do que esperaba. De cando en vez, unha ringleira libre. Por exemplo, na fila diante e detrás miña, había persoas xusto na butaca en diagonal, que estaban a 1 metro de distancia, como moito, sendo xenerosos. Non son eu nada quisquilloso neste tema, pero pensei que serían algo máis restrictivos nese aspecto. Que non pase nada, espero.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-09-2020 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0