Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

25 anos de poesía galega 1975-2000

Xa teño falado aquí máis veces da Colección Biblioteca Galega 120 que a Voz de Galicia sacou no ano 2002, cando se cumprían 120 anos de existencia do xornal. Dirixida por Tucho Calvo, son 120 exemplares co máis granado da historia da literatura galega, por orde cronolóxica.

Comecei a lela por orde máis ou menos cando rematei de conseguilos todos (porque non me falta ningún) que foi xa naquel mesmo ano. Estiven uns anos a bo ritmo, pero algún tempo despois, supoño que en torno a 2008-2010, tiven un parón ben longo, por exceso de traballo. Penso que hai un par de anos retomei a lectura onde a deixei, ía máis ou menos pola metade.

Todo iso está moi ben, e amosa o sistemático e se cadra algo maniático que son. Pero como leo bastante e ás veces xa non lembro se lin unha obra ou non en canto pasan uns anos (sobre todo se esa obra non me di nada), ser así de rigoroso axúdame a saber se estou lendo por primeira vez ou relendo (que tampouco sería tanto pecado, se a obra está ben, pero sempre prefiro historias novas).

Por se non o credes, o outro día decateime que na primeira parte desa colección está ?A xente na barreira? de Ricardo Carballo Calero, o autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. Este ano, vendo as publicacións da súa obra, sopesei a posibilidade de mercar algunha das súas novelas, e esa é unha das máis destacadas. Ata que me decatei de que debín ler esa novela polo ano 2005-2006, pero non o lembraba en absoluto. Así que mellor ir en orde.

Todo este rollo é para explicar é que, seguindo esa orde, ás veces teño que ?tragarme? (porque teño bastante aguante) cousas que non me agradan. Cheguei aos volumes 75 e 76, que son unha antoloxía de Poesía Galegas dos anos 1975-2000, deseñada polo profesor da UDC Luciano Rodríguez. A poesía non me chista nada, só me agrada a boa poesía ben musicada, pero así, a pao seco, fáiseme moi dura. A poesía clásica non contemporánea aínda a soporto algo, coa súa rima e a súa musicalidade, pero a contemporánea é moi elevada para a miña alma simple.

Nesta antoloxía, a inmensa maioría dos autores e autoras naceron en torno ao ano 60, ou pouco antes ou pouco despois, ou sexa, que teñen agora en torno aos 60 anos. Así temos poemas de Alfonso Pexegueiro, Marica Campo, Pepe Álvarez Cáccamo, Darío Xohán Cabana, Xulio Valcárcel, Xabier Seoane, Claudio Rodríguez Fer, Manolo Rivas, Pilar Pallarés, Antón Reixa, Luís Villalta, Lois Pereiro, Miguel Anxo Fernán-Vello ou Ana Romaní. A inmensa maioría deles seguen vivos, agás Ramiro Fonte, Luísa Villalta, Lois Pereiro, Eusebio Lorenzo Baleirón e Fiz Vergara Vilariño.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-09-2020 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0