Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As aventuras de Jeremiah Johnson
Por fin conseguín ver esta película completa, tamén levaba tempo detrás dela. Foi dirixida en 1972 por Sidney Pollack para total lucimento do seu amigo Robert Redford, que non o fai nada mal. Polo visto, está baseada nun par de novelas de temas afíns, e que falaban dun persoeiro que existiu realmente.

Jeremiah Johnson, que polo visto estaba loitando na guerra entre Estados Unidos e México, aínda que na película só se fai unha pequena referencia a ese feito, marcha e vaise ás Montañas Rochosas no que agora é o estado de Colorado. Parece que a vida nas vilas e cidades non lle convencía demasiado, e prefería irse a vivir só nas montañas. Iso sucedeu a mediados do século XIX.

En principio, vai para alí cun grande respecto pola natureza e polas xentes que xa habitan nesas zonas, como algúns brancos coma el, cos que se vai atopando, e con algúns indios de varios clans diferentes. A súa intención é vivir da caza e vender as peles, ao principio cústalle un pouco, como é normal, pero vaise afacendo.

Os indios cos que máis se atopa son os ?corvos? (etnia crow) e os ?cabezas chás? ou ?cabezas lisas?. Precisamente, nun encontro con esta última etnia, sucede algo estrañísimo. Vai a negociar con eles con outro cazador branco. E atópanse cun xefe indio moi culto que sabe falar francés. El non o fala, pero o outro cazador branco si. E case sen saber como, atópase casado cunha filla do xefe indio chamada ?Cisne?. Ademais diso, nun dos encontros con brancos, vese ?obrigado? a levarse a un neno dunha familia que fora case masacrada por completo, e o rapaz non fala nunca. Cisne e o neno son a súa nova familia, e constrúe unha cabana para eles.

Un día, ten que acompañar a un grupo de brancos que queren cruzar as montañas para axudar a uns compañeiros que quedaron atrapadas nelas no inverno. Marcha con eles, bastante a disgusto, e cando volve á súa cabana, mataron á súa muller e ao seu fillo adoptado. Isto provoca un ataque de venganza nel e mata a case todos os integrantes dun grupo de indios ?crow?, que atopa pouco despois. Escapa un deles e créase a lenda de Jeremiah Johnson. A partir dese intre, esa etnia india, en vez de mandar un grupo numeroso para acabar con el, como farían outras etnias, vai mandando guerreiros de un en un, que teñen como misión matalo, pero ninguén o consegue. Polo que se ve na última escena, na que un indio o saúda con respecto dende a distancia, parece que os indios o aceptaron e perdoaron a falta.

Non sei que dicir. Resúltame moi difícil entender esa forma de vida e que pode levar a unha persoa a adoptar ese durísimo hábito. Estes estadounidenses están chalados.

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-09-2020 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0