Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pequena Inglaterra
A última novela do verán titúlase ?Pequena Inglaterra?, e foi escrita pola escritora grega Ioanna Karistiani. Está ambientada na illa grega de Andros na primeira metade do século XX, sobre todos nos anos 30 e 40. A illa de Andros é a máis grande das Cícladas, e a que está máis ao norte, bastante cerca de Atenas. Gustoume coñecer esa realidade, porque descoñecía ese entorno e a súa vida. O título da novela é esa porque ese é o nome que lle daban a esa illa na época. Hai que ter en conta que lin a novela en galego pola tradución de Alfonso Blanco para a editorial Hugin e Munin.

A historia non me pareceu demasiado interesante. Chamoume máis a atención o feito de coñecer a vida desa zona do planeta nesa época. E lembrar que Grecia ten unha parte continental, pero en boa parte non poboada, xa que a maior parte do país vive nas dúas grandes cidades costeiras, Atenas e Tesalónica. E o resto do país son miles de illas que están espalladas principalmente polo Mar Exeo. E iso fai que en boa parte de Grecia as profesións relacionadas co mar teñen moita importancia.

A historia fala da vida na illa, centrándoa na familia Saltaferos. O pai, mariño veterano, non ama á súa muller, pasa case toda a vida embarcado, e ten outra parella e un fillo en Arxentina, e iso case ninguén o sabe, ata que ao final da súa vida, cando xa está retirado e vive na illa, recibe a noticia da súa morte nun accidente de tráfico. A nai, non amada polo seu marido nin por ninguén, é un toxo antipático que lle cae mal a todo o mundo, e ela está encantada de que sexa así.

A trama xira máis en torno ás súas dúas fillas, Orsa e Moscha. A maior namórase dun dos mariños máis admirados da illa (e alí iso é moito dicir). Pero a nai négase a aceptar ese matrimonio, pero si acepta o matrimonio cun mariño moito máis gris e anodino. Acaban tendo tres fillos, pero non semella haber moita química entre eles. A pequena namórase do mesmo mariño idolatrado que a súa irmá maior, pero neste caso si aceptan ese compromiso. Acaban tendo tres fillos tamén, pero viven na mesma casa que a irmá maior e a familia (en diferentes andares), e está claro que a tensión intrafamiliar é moi alta, e toda a illa é consciente diso. Durante boa parte da novela, crese que a maior seguiu liada co seu amor de xuventude, agora cuñado, pero ao final desvélase que non foi así, só tiveron algún pequeno desliz.

Mentres sucede todo iso, ten lugar a Segunda Guerra Mundial, con moitas baixas entre os barcos e os mariñeiros gregos, incluído o marido da pequena, que era considerado case invulnerable e un heroe en toda Europa. E xusto despois da Segunda Guerra Mundial, cousa que eu non sabía, entre 1946 e 1949, houbo unha guerra civil en Grecia, que aínda tambaleou máis a súa vida e economía.

Por certo, acabo de ver que no 2016 se fixo en Grecia unha película baseada nesta novela.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2020 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0