Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Platoon
Esta era outra película que tiña certas ganas de ver dende hai tempo. Pero tampouco tantas, porque a min o cine bélico non me atrae nadiña. Pero tiña fama de ser unha película contestataria e que critica o militarismo, a guerra e a violencia tan típico dos Estados Unidos, neste caso na guerra do Vietnam.

Por certo, ?Platoon? en inglés significa ?Pelotón?, e con ese nome a coñeceron en Hispanoamérica. Neste caso, todos os títulos teñen sentido, porque a película céntrase nas peripecias dun pelotón concreto. A película foi dirixida en 1986 por Oliver Stone, o seu primeiro grande éxito nese rol, e por certo, pareceume velo nun breve papel no tramo final da película.

En canto ao elenco de actores (todos masculinos, obviamente, aínda que non sei se había mulleres no exército estadounidense en Vietnam, na película non aparece nin a primeira), semella que serviu de trampolín para un montón de actores novos (algún xa non tanto). Suponse que o trío máis protagonista son Charlie Sheen (moi novo), Willem Dafoe (creo que foi o seu primeiro gran papel) e Tom Berenger (debe ser o máis maior). E despois, un feixe de secundarios que fan de tropa, e que tiveron máis ou menos éxito na súa carreira posterior, como Forest Whitaker, Francesco Quinn, Kevin Dillon, Corey Glover ou Johnny Depp (nun papel moi moi secundario).

Pois nada, que este pelotón vai facendo as típicas barbaridades da situación na fronteira entre Camboia e Vietnam, e o grupo vaise dividindo en dúas faccións: a máis ética capitaneada polo sarxento Elías (Dafoe) e a máis salvaxe capitaneada polo sarxento Barnes (Berenger). E os soldados van dubidando a cal dos dous carros subirse, pero cada vez hai máis tensión entre eles. Non digo ningún spoiler se desvelo que ao final non sobrevive case ninguén.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2020 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0