A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.
Esta película había moitos anos que tiña ganas de vela, pero resistíase. Ao final puiden conseguilo. Foi dirixida en 2001 por Ron Howard, e os papeis principais están protagonizados por Russell Crowe (que fai do matemático John Forbes Nash) e por Jennifer Connelly (a súa muller Alicia, na realidade era de orixe salvadoreña).
A película narra a vida do matemática John Forbes Nash, o típico ?xenio tolo?, que acabou levando o Premio Nobel de Economía en 1994 (cando xa tiña 70 anos) polas súas revolucionarias teorías na Teoría de Xogos, que se fixeron esenciais nas técnicas de negociación.
Comeza a súa carreira en Princeton nos anos 40, onde había unha grande competencia por conquerir becas, e semella que aínda andaban por alí Einstein e Von Neumann. El vai presentando escritos, e vanlle encargando traballos, pero el considérase infravalorado. Nese momento aparecen na súa vida varios personaxes (ou máis ben na película, non teño claro se na vida eran así) que lle marcarán. Un compañeiro de habitación, estudante de Literatura, e a súa sobriña, a quen tivo que adoptar ao morrer o pai da nena, e un intrigante membro do Departamento de Estado, que o convence de que os rusos están preparando unha bomba atómica para facela estalar nos Estados Unidos, e que os espías transmiten a información nos xornais, e que hai que atopar patróns nas noticias, e parece que el é moi bo niso, obsesiónalle ese tema. Cando detecta cousas, ten que levar a información de xeito moi reservado a un sitio bastante oculto.
Algún tempo despois, dando unha conferencia, ten unha crise e é internado para curarse da súa doenza. Parece que ten unha esquizofrenia paranoide. Leva tempo falando deses tres personaxes (o compañeiro de habitación, a súa sobriña e o tipo do Departamento de Estado), pero ninguén os coñece, e parece haber probas de que non existen na realidade, son só alucinacións que existen na súa cabeza. Mentres pasa todo isto, é moi apoiado pola súa muller, que vive con el e co fillo que tiveron, e vaille axudando a superar todos os traumas.
Durante algún tempo, por iniciativa propia, deixa de tomar a medicación que lle puxeron para superar a esquizofrenia, e recae. Máis adiante, deixa de tomar a medicación, pero consegue superar a súa doenza. Segue vendo a imaxe deses tres personaxes creados pola súa mente, pero os ignora completamente.
Na parte final da súa vida, volve á universidade e volve dar clases, xa que na institución tiñan bastante recelo con isto, pero semella que xa está bastante recuperado. Ao fina gaña o Premio Nobel de Economía, como dixemos antes.
Na película non sae, porque sucedeu despois e na realidade, pero a morte de John e da súa muller Alicia foi bastante triste. Volvían de Noruega de recibir o Premio Abel (algo así como o Premio Nobel de Matemáticas), e unha imprudencia do taxista que os levaba a casa dende o aeroporto provocou a súa morte.