Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Por un puñado de dólares
Outra casualidade televisiva deste estraño verán fixo que vira a película ?Por un puñado de dólares?, do ano 1964. Unha coprodución europea (o único americano debía ser Clint Eastwood, que non é pouco) que deu comezo á famosa ?triloxía do dólar? (completada con ?A morte tiña un prezo? e ?O bo, o feo e o malo?). Con Sergio Leone na dirección, Ennio Morricone na música e Clint Eastwood facendo de o ?home sen nome?.

A trama é relativamente simple, como sucede acotío co western. A un pequeno pobo que fai fronteira entre México e Estados Unidos, chega un pistoleiro moi misterioso, pouco falador, moi rápido e moi intelixente, e que ademais quere gañar cartos. Nada máis chegar, entérase de o pobo está case morto, debido á brutal rivalidade entre uns irmáns mexicanos, os Rojo, liderados por Ramón (Gian María Volonté), e os Baxter, liderador por John, o sheriff.

Sabido iso, o pistoleiro mata a catro dos homes dos Baxter, e inmediatamente ofrece os seus servizos aos Rojo. Está toda a película facendo iso, nese pequeno pobo onde todo se sabe, anda sempre pergeñando cousas para enfrontar a uns cos outros, e ir gañando cartos como mercenario ou similar. Está de máis dicir que ao rematar a película, el e os seus poucos amigos son os case únicos supervivintes das diferentes masacres que se suceden.

Como curiosidade, podemos dicir que se rodou en Hoyo del Manzanares (eu sempre dixen que Madrid era un deserto) e algunhas escenas no Parque Natural do Cabo de Gata. Parece que a historia é un plaxio de ?Yojimbo?, película de Akira Kurosawa do ano 1961. Os xaponeses denunciaron aos europeos, gañaron o pleito, houbo que darlles o 15% das ganancias, e sempre recoñeceron que gañaran máis con eses cartos que coas ganancias do film orixinal.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2020 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0