Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Maverick
Unha vez máis este verán, analizando máis en detalle a programación dos 40 canais de televisión que recibo (a inmensa maioría é morralla), conseguín localizar películas que había tempo que quería ver, pero que nunca coincidían ben.

Unha delas é ?Maverick?, dirixida en 1994 por Richard Donner, protagonizada por Mel Gibson e Jodie Foster, pero con papeis tamén reseñables para Alfred Molina, James Garner e James Coburn. Polo visto, está baseada nunha serie dos anos 50 e 60 da que nunca oíra falar, deberon botala nos EE.UU., porque o tema seguro que alí gusta moito.

E cal é o tema? Pois basicamente os xogadores tramposos de poker no oeste. Aínda que este xa é un Oeste máis moderno, a finais do século XIX. A vila que máis aparece está á beira dun lago, a partida de poker en torno á cal xira a trama ten lugar nun barco de vapor que vai polo río, os únicos indios que aparecen son de pega e van disfrazados....

O protagonista principal é Brett Maverick (Mel Gibson), que está intentando conseguir os poucos cartos que lle faltan para poder inscribirse na gran partida anunciada no barco. A muller protagonizada por Jodie Foster está máis ou menos no mesmo punto, e os dous están participando en timbas para intentar conseguir eses cartos, facendo todas as trampas que lles veñen á cabeza, que son moitas. E ademais gústanse, ámanse e ódianse.

Despois dunhas cantas peripecias, entre as cales está o pacto cuns indios falsos que son colegas, e unha nova estafa a un arquiduque ruso que está no medio do deserto, forrado de pasta, e que quere ver cousas típicas do Oeste americano, ao prezo que sexa, conseguen os cartos para participar na gran partida.

A gran partida está organizada no salón principal dun barco que vai polo río por un tal Comodoro (James Coburn) e o premio é medio millón de dólares. Os tramposos que son descubertos son tirados ao río polo encargado da seguridade (James Garner). Vanse sucedendo as fases e finalmente, de forma bastante sorpresiva, gaña Brett Maverick. Pero o sheriff protagonizado por James Garner escapa cos cartos, porque el tamén é outro tramposo máis.

Os últimos minutos son bastante delirantes, porque se descubren cousas que eu non vou desvelar, e que confirma que todos son moito máis tramposos do que se creía. En definitiva, unha comedia agradable de ver pero que visibiliza cal é a verdadeira natureza dese país que se di tan civilizado.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2020 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0